PUNTO DE ENCONTRO COA PLATAFORMA EMPRESARIAL DE TURQUÍA

Lugar: Edificio IGAPE, Complexo Administrativo de San Lázaro, Santiago de Compostela.

Do 23 ó 25 de abril o director da Plataforma da Rede Pexga en Turquía, Javier Paredes Nachón, estará en Santiago de Compostela á disposición dos empresarios galegos que desexen ampliar información sobre as posibilidades deste mercado ou ampliar a súa presenza nel.
Como en ocasións anteriores os empresarios interesados terán a posibilidade de concertar entrevistas individualizadas co Director da Plataforma, quen ofrecerá información directa e recibirá solicitudes de encargos concretos referidos a este mercado.
Como novidade desta acción de puntos de encontro, as empresas que actualmente teñan proxectos de internacionalización en marcha neste mercado poderán expoñelos para recabar unha opinión preliminar por parte de Javier Paredes Nachón. Por elo é recomendable que acudan á reunión co seu proxecto, xunto co diagnóstico de potencial de internacionalización, se contasen con él.
Aproveitanto a organización do punto de encontro o 26 de abril ás 10:00 terá lugar o Taller “Export Networking Turquia”, este taller está dirixido a poñer en contacto empresas que teñen decidido apostar pola súa internacionalización neste mercado e desa forma intercambiar experiencias, identificar posibles sinerxías e detectar potenciais oportunidades de actuación conxunta. Lograr o apoio e a colaboración recíproca das compañías presentes nun mesmo mercado pode ser un factor clave e diferencial para o éxito das mesmas.
As plataformas empresariais foron postas en marcha grazas ao acordo de cooperación entre a Consellería de Economía e Industria, a través do IGAPE, e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), coa finalidade de apoiar a internacionalización das empresas Galegas en destino.
Neste punto de encontro informaráse ademáis dos apoios á internacionalización do Igape, e sobre a Enterprise Europe Network.
Este punto de encontro está cofinanciado pola Comisión Europea a través do Programa de Competitividade e Innovación (CIP) e incluído nas actividades do proxecto Galactea Plus da rede Enterprise Europe Network, cuxa finalidade é promover acordos de cooperación e facilitar o acceso das pemes ao mercado internacional.
Nota:
No caso das empresas interesadas que non dispoñan dun diagnóstico de potencial de internacionalización -feito a través de programas de Igape ou ICEX-, poden solicitalo ó Igape que o fará de xeito gratuíto. Solicitar diagnóstico. http://www.igape.es/potencial-i.htm
Prazas limitadas
Máis información: 902 300 903

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: