CELEBRACIÓN DO 25 DE ABRIL EN DETRÁS DO MARCO
O día 25 de abril celebraremos un concerto con Xulia María
Detrás do Marco.
O día 25 de abril celebraremos en Detrás do Marco
(dende as 19:00 horas) o 39 aniversario da Revolución dos Caraveis en Portugal.
Así, contaremos coa actuación de Xulia María, Clave de FaDo e algunha
sorpresa máis.
Dende as 19 horas repartiremos caraveis en Detrás do Marco, cantaremos a
Grândola e gozaremos coa actuación da poetisa e cantante redondelana Xulia
María e de Clave de FaDo. Haberá música galega e portuguesa nunha
tarde/noite moi especial e chea de sorpresas.
A Revolución dos Caraveis é o nome popular co que se coñece o levantamento
militar (25-4-1974) que provocou a caída en Portugal da dictadura salazarista
que dominaba o país dende o ano 1926. O levantamento comezou coa emisión en
Rádio Renascença da
Grândola, Vila Morena, una canción revolucionaria de
José Afonso, prohibida polo réximen.