Concello de Vigo


O goberno local aproba 160.000 euros para apoiar actividades culturais na cidade

A Xunta de Goberno local deu luz verde a unha subvención de 86.000 euros para a Fundación Laxeiro, ademáis de 7.200 euros para sufragar un convenio coa Federación de Libreros de Galicia. Durante a rolda de prensa, Caballero enfatizou o feito de que o Goberno local é a única administración que «mantén vivo o apoio á cultura na cidade».

 


O Concello achega 30.000 euros ao Vigo Rugby, dos 440.000 euros de subvención a clubs de elite

Abel Caballero asinou este mércores o convenio polo que o goberno local achega 30.000 euros ao Vigo Rugby Club, parte dos 440.000 que adica o Concello ao apoio das entidades viguesas de elite. O alcalde recordou que, sumando os 600.000 euros para a base, o goberno de Vigo supera o millón de euros de subvencións ao deporte vigués.

 


Caballero di que a Copa Vigo de fútbol ten «avoengo» e celebra o seu 80 aniversario con premios en metálico e torneo feminino

O A Copa Vigo cumpre 80 anos ao grande. Vinte equipos masculinos de Primeira, Segunda e Terceira Autonómica e, por vez primeira, seis conxuntos femininos de 2ª Nacional, Liga Galega e Liga Autonómica pelexarán por «un título de avoengo», explicou o alcalde da cidade, Abel Caballero. «É o torneo de fútbol máis antigo de Galicia, é unha gran Copa, un gran evento, e palabras maiores no ámbito do deporte», sostivo o xefe do gobernó municipal.

 

O Consello Escolar Municipal de Vigo rexeita o proxecto de Decreto de comedores da Consellería de Educación

O Pleno do Consello Escola Municipal aprobou unha moción presentada por unha das súas comisións de traballo, a Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa, con maioría de votos a favor (18 votos) e co único voto en contra do representante da administración educativa competente. O texto insta ao goberno autonómico a facerse cargo de todos os comedores de centros públicos.

 


O CAT inaugura unha exposición do colectivo » La Canalla»

O Centro de Artesanía Tradicional -CAT- programa para o xoves 25 de abril a inauguración da exposición «Espaparate» do colectivo «La canalla» a un faladoiro sobre a experiencia creativa no deseño de moda. Será ás 20.00 horas na sede do CAT, rúa Subida ao Castelo, nº 10.

 



Pleno do Consello Escolar Municipal de Vigo

O Consello Escolar Municipal de Vigo recoñece ás figuras de Constancio Veiga e González e Jose Mª García Picher

O pleno do Consello Escolar Municipal de Vigo acordou ratificar un acordo que se adoptara no ano 2011 de facer un recoñecemento expreso ás figuras de Constancio (Chito) Veiga e González e Jose Mª García Picher polo importante labor pedagóxico e docente que ambos desempeñaron ao longo da súa vida.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: