III Muu! Reggae Jamming no Xancarajazz

descarga (2)  A Asociación Minho Reggae! organiza a terceira Muu! Reggae Jamming este venres, 26 de Abril, na sala viguesa Xancarajazz. Un evento que forma parte da programacion da asociación cultural minho reggae, a cual ten sua base nos estudios Muu! Da cidade Olivica. Tras o éxito das pasadas edicións, temos unha nova oportunidade para ver sobre o mesmo escenario aos representantes máis destacables deste estilo no sur da provincia de Pontevedra que reinterpretarán clásicos da música xamaicana pero tamén crearán novos sons grazas á improvisación. Todo aquel que o desexe poderá participar tan só ten que levar o seu instrumento.Músicos de bandas como Zamaramandi, Transilvanians, Natural Green, Phantom club, Meninos Carentes, Son do Galpon, entre outros, reuniranse este venres, a partir da media noite para ofrecernos unha sesión de música reggae de calidade e experimentación. Unha oportunidade única para ver en directo a todos estes artistas, cunha ampla traxectoria musical, mesturando a súa creatividade para crear ritmos que nos levarán até a Xamaica da década dos setenta e oitenta. Roots, reggae, dub, pero tamén sons fusionados a través dos pais deste estilo como os The Wailers, Jimmy Cliff, John Holt, Bob Marley, Peter Tosh, que revivirán no Xancarajazz. Un proxecto que a Asociación viguesa Minho Reggae leva organizando nos últimos tempos. Conseguir unir a maior parte dos músicos, grupos, colectivos e amantes do reggae nun evento no que se reflectise que na escena viguesa tamén hai un oco para a música xamaicana. Para iso uníronse novamente co estudo de gravación Muu¡¡, que dende hai once anos vén traballando con bandas como Guezos, Ergom, Lamatumbá, Noitarega, The Tumbitas, Supa Scoopa, así como con algunhas das formacións máis representativas do ska e reggae da escena local, como os Transilvanias, Natural Green, Zamaramandi ou Meninos Carentes. Dende hai catro anos a Asociación traballa pola difusión, promoción e apoio do reggae, non só no Sur da provincia de Pontevedra senón tamén en toda Galicia e Portugal, onde en setembro de 2012 organizaron a terceira edición do Minho Reggae Splash que congregou a un milleiro de persoas, chegadas das dúas marxes do Miño, para gozar de boa música e bo ambiente. Grazas ao seu labor nos últimos anos puidemos ver nas Rías Baixas bandas que nunca chegaran até a nosa Comunidade como os brasileiros, Rutera, Eta Carinae, Bnegao, dj Negralha, Buguinha Dub, o cantabro Roberto Sanchez, os madrileños Blueskank e Goymamba, os arxentinos Holypiby, o londiniense Benjammin, os ou os portugueses Urbanvibsz, entre outros. Agora céntranse no eido local para demostrar que Vigo e a súa contorna tamén ten moito que dicir no reggae con propostas interesantes, artistas e bandas que xa están levando a súa música a outras comunidades. Este venres teremos a ocasión de velos todos xuntos na sala viguesa Xancarajazz ( rúa Isabel II, ao carón do Fraga) a partir das 00.00 horas. O custe da entrada é de tres euros. Dende a organización do evento convidan a todos os músicos que o desexen a participar tan só teñen que levar o seu instrumento.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: