Programa Sinfónico de Primavera – Margarita Escarpa – Mércores 1 de maio – 20:30h – Auditorio Martín Códax – Vigo

descarga  O vindeiro mércores 1 de maio a Orquestra Vigo 430 continuará co ciclo de concertos do Programa Sinfónico de Primavera dentro da Temporada 2012-2013. Nesta ocasión e por primeira vez na Temporada teremos o privilexio de contar cunha solista de talla internacional, como ven sendo habitual, pero afincada na cidade de Vigo. A guitarrista Margarita Escarpa interpretará un dos principais e máis coñecidos concertos para este este instrumento, o Concerto de Aranjuez. Dela e do son que saca á súa guitarra Dammann a crítica ten dito cousas como que ten unha técnica impecable, que fai unha interpretación fiel ao estilo ou que ten unha alta sensibilidade e unha constante búsqueda da poética musicalO concerto estará dirixido pola batuta de Alejandro Garrido que ben seguro que sacará do xeito que soamente el sabe a mellor musicalidade da orquestra. Ademais o Concerto de Aranjuez os asistentes poderán escoitar unha das poucas pezas sinfónicas de Wagner, O Idilio de Sigfrido. Este programa tan especial complétase na segunda parte coa sinfonía nº6 en Do maior de Schubert.

Con este concerto,  que terá lugar grazas ao apoio do Concello de Vigo para co Programa Sinfónico de Primavera, a Orquestra Vigo 430 dará o penúltimo concerto da temporada, estando prevista a súa clausura para o mes de xuño.  Tera lugar como sempre no Auditorio Martín Códax, do Conservatorio Superior de Música de Vigo, o 1 de maio ás 20:30 h

As entradas poden mercarse no despacho de billetes da Central de Espectáculos así como na páxina web da mesma www.centralespectaculos.comOs prezos da entrada anticipada é de 10 € e poderá adquirirse ata o día 30 de abril. O propio día do concerto as entradas poderán mercarse na entrada do auditorio Martín Códax dende as 19h a un prezo de 12 €. Coma sempre establécense descontos para estudantes, xubilados e persoas en situación de desemprego. 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: