Gabinete Diputación de Pontevedra
MATINSA COMEZARÁ O 1 DE XUÑO A XESTIÓN DO SERVIZO PROVINCIAL DE INTERVENCIÓN EN EMERXENCIAS
- Rafael Louzán e Miguel Cañada asinaron hoxe o contrato, que suporá un investimento de 21 millóns de euros en 8 anos·
- A empresa adxudicataria inclúe melloras no servizo que van desde o incremento de persoal e material, ata a posta en marcha de aplicacións informáticas de xestión operativa
- · A rebaixa no custe de prestación do servizo permitirá que a Deputación Provincial financie obras de reforma das instalacións dos parques.
-
O SERVIZO DE INTERVENCIÓN EN EMERXENCIAS ESTÁ FINANCIADO Ó 50% POLA XUNTA DE GALICIA E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
COMEZA O I CURSO DE FORMACIÓN EN DIRECCIÓN E XESTIÓN DE CLUBS DEPORTIVOS QUE SE DESENVOLVE HOXE E MAÑÁ NA ESCOLA DE CANTEIROS DA DEPUTACIÓN
- Os asistentes recibirán un certificado de asistencia con aproveitamento ó Curso de Formación Continua en Dirección e Xestión dun Club Deportivo.
- A entidade provincial destina 15.000 euros a esta actividade formativa.
- Impartiranse 6 cursos a través dos cales se formarán 240 persoas.
A deputada provincial, Begoña Estévez, asistiu hoxe á presentación da primeira edición do curso de Formación Continua en Dirección e Xestión de Clubs e Entidades Deportivas, enmarcado dentro do Plan de Formación de Técnicos Deportivos 2013 e que conta cunha aportación da Deputación de 15.000 euros.
Esta iniciativa ten por obxecto, proporcionar formación sólida e de calidade ós directivos; contribuír a unha configuración curricular alternativa dos asistentes; a mellora da calidade xestora dos clubs, mediante a formación teórico-práctica, dos directivos; comparar e analizar os modelos de xestión utilizados nos clubs; salientar a importancia de utilizar unha correcta pedagoxía e didáctica do deporte; e identificar as demandas e necesidades reais dos directivos de clubs.
Ofertarase 40 prazas por curso e un total de 6 cursos o que supón a formación de 240 persoas. Os cursos celebraranse entre abril e decembro. Todos eles terán lugar nas instalacións da Escola de Canteiros da Deputación situada en Poio.
Os destinatarios dos mesmo serán os directivos e técnicos deportivos dos distintos clubs da provincia de Pontevedra. As clases son impartidas por profesores de distintas universidades galegas; profesionais do deporte de recoñecido prestixio; e técnicos da Administración.
Con respecto ós horarios, a actividade formativa desenvolverase os venres, de 16:00 a 20:00 horas; e os sábados de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Os asistentes recibirán un certificado de asistencia con aproveitamento ó Curso de Formación Continua en Dirección e Xestión dun Club Deportivo.
- · 1º edición. Pontevedra, 26-27 de abril 2013
- · 2º edición. Pontevedra, 24-25 de maio 2013
- · 3º edición. Pontevedra, 27-28 de setembro 2013
- · 4º edición. Pontevedra, 25-26 de outubro 2013
- · 5º edición. Pontevedra, 29-30 de novembro 2013
- · 6ª edición. Pontevedra, 13-14 de decembro 2013