O PP DE ARBO ASEGURA QUE O MÁXIMO CULPABLE DA MULTA POLO IMPAGO DO CANON DE SANEAMENTO É O ACTUAL GOBERNO

  • Os populares sosteñen que o canon dos anos 2007 e 2008 foi recadado a finais de 2010 e principios de 2011, estándose a negociar coa Xunta o seu pago fraccionado cando entrou o actual Bipartito no Concello
  • O canon correspondente ao exercicio de 2009 foi recadado polo actual Goberno a finais de 2011, o que demostra o gran caos organizativo no que está asumido o Concello

Arbo, 26 de abril de 2013.-  O Partido Popular de Arbo manifesta o seu malestar e indignación antes as declaracións tendenciosas e mal intencionadas do alcalde polo que respecta á recadación do canon de saneamento. Os populares sosteñen que a día de hoxe “o Concello está sumido nun gran caos organizativo” e que o único que busca o alcalde “é a polémica para esconder a incapacidade de xestión deste Bipartito e o malestar xerado entre os veciños polo castigo aos que están sometidos ante a importante suba de taxas e o gran recorte de servizos”.

Horacio Gil, voceiro do PP local, explica que o canon de saneamento dos anos 2004, 2005 e 2006 foi pagado a Augas de Galicia asumindo o seu custe íntegro o Concello, “sen pasarlle aos veciños recibo algún”. O que sucedeu nos anos seguintes, polos que agora Augas de Galicia lle solicita o pago ademais de imporlle unha multa polo atraso, foi que os correspondentes a 2007 e 2008 foron recadados a finais do ano 2010 e principios de 2011 e a partir de entón o Goberno local do PP estaba a negociar coa Xunta de Galicia o pago fraccionado do mesmo como xa se fixera anteriormente, “pois nese momento estabamos asumindo unha forte carga en materia de servizos sociais, cuestión que a día de hoxe non se fai xa que dunha media de 50 veciños que se atendían antes agora apenas se atende a 20 e con menos horas”.

Foi entón, cando o Bipartito entrou a gobernar no Concello de Arbo cando ese pago que se estaba negociando queda paralizado “e non se fai nada, quedando todo estancado, o que ven a demostrar, unha vez máis, que os novos dirixentes non se decataban nin se decatan do que hai no Concello e de cómo funciona  o departamento de Tesourería”.

“O curioso de todo”, sostén o PP “é que o canon do outro ano reclamado por Augas de Galicia, o de 2009, xa foi recadado polo actual Goberno local a finais de 2011, así como tamén recadaron o de 2010 e 2011, pero parece ser que nin eles mesmos se decatan do que fan”.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: