Os socialistas de Salceda acordan volver a negociar o acordo de Goberno
O PSdeG-PSOE de Salceda, acordou no día de onte en Asamblea, na cal contaron ca presenza de Santos Héctor (secretario xeral da provincia), realizar un novo acordo cos concelleiros “non adscritos”, para seguir traballando por Salceda.
Segundo a executiva dos socialistas de Salceda, “trátase de volver a sentarse con eles e revalidar un proxecto que xa tíñamos co BNG e que agora teremos que volver a firmar cos concelleiros non adscritos”.
O pacto revalidarase sempre e cando na reunión que manteña o PSdeG cos “non adscritos”, éstes se comprometan a seguir co mesmo proxecto que se acordou nos inicio da lexislatura e que veñen revalidando cada ano. Os socialistas tamén inciden en que na reunión se deben puntualizar varios temas que neste momento se consideran moi importantes. Entre estes puntos atópase o tema do persoal, xa que as representantes do partido socialista no concello teñen discrepancias na forma de actuar da outra parte do goberno cara o persoal do Concello, e consideran que esta situación non debe alargarse máis. “A executiva socialista mantivemos unha xuntanza co persoal do Concello, para tratar de aclarar a situación, xa que este é un problema que nos preocupa”
Dende os socialistas de Salceda aclárase que o pacto que se fixo no seu día co BNG, non era un pacto entre persoas ou siglas, senón que foi un pacto onde se marcaron as directrices dun proxecto común para Salceda.
Marina Cabaleiro, portavoz do partido socialista, “o Partido Popular ten que saber que nas eleccións municipais de 2011, os veciños e veciñas de Salceda votaron continuar co traballo que o PSOE e o BNG comenzaran xa no 2007, votaron ese traballo independentemente das siglas, e a nosa intención é seguir traballando desa maneira para todos e todas”.
Rodrigo Martínez, secretario xeral do PsdeG de Salceda recalca “vamos a ter en conta que o proxecto siga sendo o que se pactou, os problemas internos que atravesan estes concelliros non nos corresponde a nos resolvelos. O realmente prioritario e poder seguir levando a cabo proxectos socialistas tan importantes neste momento como son os levados a cabo na área de emprego e formación, coa dinamización do CDL de O Torrón como centro neural de todas as políticas de emprego e formación ou “deporte para tod@s”.