CxG propón a extensión do Parque Natural do Monte Aloia ata a Serra do Galiñeiro.
CxG propón a extensión do Parque Natural do Monte Aloia ata a Serra do Galiñeiro.
CxG rexeita a postura da Xunta e solicita a inclusión da serra viguesa na Rede Natura 2000.
A tenor da decisión tomada pola Xunta de Galicia en torno á protección da serra, os galeguistas opóñense a “deixar desprotexido un dos espazos naturais máis importantes de Vigo e contorna”. Neste senso, Henrique Macías, responsable local de CxG, lamenta que “o PP poña por diante os cartos dunha posible explotación industrial, xogando có patrimonio natural de todos nós” rexeitando deste xeito a implantación de muíños de vento, minas de ouro e “outras barbaries medioambientais”.
Neste senso, CxG entende que “a Xunta de Galicia está hipotecando o futuro de Vigo en troques de protexer o que temos”. Así, aseguraron que Galicia é a comunidade autónoma con menor superficie de terreo protexido. Por este motivo, fixeron fincapé en que a Xunta non “faga caso omiso ao informe que, xa fai máis dun ano, remitiu Bruxelas solicitando a redacción dos espazos a protexer pola Rede Natura 2000”.
CxG considera “intolerable que impere a política da Febre do ouro e rexurda a política dos muíños distribuídos pola nosa xeografía sen atender a criterios medioambientais e de sustentabilidade”, xa que, consideran, O Galiñeiro de vital importancia na riqueza non só natural e paisaxísticas, senón cultural e etnográfica.