O saxofonista Víctor de Diego xira por Galicia co seu trío desde 0nte martes ata o venres

descarga  Desde mañá martes e ata o venres, os compoñentes do Víctor de Diego Trío xirarán por catro cidades galegas, a onde levarán jazz de calidade. Vigo, Santiago, A Coruña e Lugo son os lugares nos que o Trío despregará o seu talento polo país. A música de grandes compositores así como temas e arreglos propios son a proposta que nos fan estes grandes artistas.

Así, mañá martes 30 de abril ás 21:00 h en La casa de Arriba, Martín Codax 23, Vigo, comeza esta xira galega de Víctor de Diego Trío, para continuar o mércores 1 de maio ás 22:30 h.  no Pub Ultramarinos, Casas Reais 34, Santiago de Compostela. Xa no xoves, ás 22:00 h será a quenda para o Filloa Jazz Club da Rúa cega, A Coruña, para o venres 3 rematar, ás 23:00 h no Clavicémbalo Jazz Club da Rúa Paxariños 23, Lugo.

Victor de Diego Trio é a nova proposta do saxofonista Victor de Diego, que atopa un vehículo de expresión diferente da súa proposta habitual en cuarteto. Aínda que non é a primeira vez que traballa neste formato, retoma agora unha formación que ofrece unha música na que a liberdade, frescura e interactuación entre os músicos son as súas características máis importantes. O trío interpreta musica de grandes compositores de jazz e temas e arreglos propios, sempre baixo unha visión persoal condicionada pola ausencia de instrumentos armónicos de maneira que o resultado é unha música creativa, directa e interactiva.

 

O propio Víctor de Diego cos saxos tenor e soprano, Jordi Gaspar co contrabaixo e Gonzalo del Val coa batería completan este trío de grandes músicos que podemos ter a oportunidade de escoitar estes días por Galicia. O líder do Trío ten tocado durante toda a súa carreira con músicos da talla de Tete Montoliú, Deborah Brown, Dennis Rowland, Teddy Edwards, Bebo Valdés, Frank Wess, Jesse Davis, Randy Brecker, Michael Philipe Mossman, Robin Eubanks, John Nugent, Ann Hampton Calloway, Omara Portuondo, Carmen Lundy, Jordi Bonell, Chano Dominguez, Sean Levitt, Nicholas Pyton, Javier Colina, Carles Benavent, Idrish Muhammad, Jeff Ballard, Iñaki Salvador, Kevin Hayes, Jordi Rossy, Al Foster, Phill Woods, John Faddis, Dick Oatts, Benny Golson ou Kurt Elling, entre outros.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: