A XUNTA APOIA O PROXECTO DE SENSIBILIZACIÓN E EDUCACIÓN “SOÑADORES SOLIDARIOS” QUE CHEGARÁ A 91 CENTROS DE VIGO E ÁREA

  • descarga (4)Ideado pola Fundación Taller de Solidaridad, trátase dun material didáctico de sensibilización e educación ao desenvolvemento adaptado ao formato de Pizarra Dixital Interactiva.
  • Cada unidade didáctiva se compón de catro actividades interactivas sinxelas e plantexadas a modo de xogos en función das idades dos cativos.
  • Dirixido a nenos e nenas dos tres cursos de educación primaria, o eixo temático é promover a igualdade de xénero e a realidade da muller nos países do Sur.
  • A realización deste material foi posible co apoio da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, cunha axuda que chega aos 11.340 euros.
  • Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, e o coordinador da fundación, Rafael Veiga, presentaron a iniciativa.

Vigo, 30 de abril de 2013.- A Xunta de Galicia presentou hoxe na Delegación da Xunta en Vigo o proxecto “Soñadores Solidarios” ideado pola Fundación Taller de Solidaridad e que conta co apoio da Administración autonómica, máis concretamente da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, cunha axuda que chega aos 11.340 euros.

 

Trátase dun material didáctico de sensibilización e educación ao desenvolvemento adaptado ao formato da Pizarra Dixital Interactiva e dirixido aos alumnos e alumnas dos tres ciclos de Educación Primaria de 902 centros de toda Galicia. No ámbito de Vigo e a súa área, está previsto que chegue a un total de 91 colexios. Tamén se pode acceder a este material a través da web de Taller de Solidaridad e nos portais educativos da Xunta de Galicia:  http://www.edu.xunta.es/web/innovacion http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazos/recursos

 

O eixo temático desta iniciativa é promover a igualdade de xénero e a realidade da muller nos países do Sur. O proxecto responde así ás necesidades relacionadas coa promoción da igualdade de xénero nos nenos e nenas, á sensibilización sobre a situación da muller e as relacións Norte-Sur así coma á demanda dun material para Pizarra Dixital Interactiva en galego sobre solidaridade, inexistente ata este momento.

 

Metodoloxía pedagóxica

O material didáctico componse de tres unidades interactivas independentes, unha para cada ciclo de primaria, para aplicar sobre Pizarra Dixital. Neles preténdese transmitir aos alumnos e alumnas valores de solidariedade, igualdade, cooperación, dereitos humanos, tolerancia e colaboración.

 

Así, cada unidade didáctica está composta por catro actividades interactivas sinxelas,  plantexadas a modo de xogos, que se diferencian entre si pola dificultade dos exercicios a realizar de menor a maior en función do ciclo ou unidade e, polo tanto, da idade do neno ou nena.

 

Deste modo, os alumnos e alumnas de Primaria coñecerán máis de preto as desigualdades de xénero, reais entre homes e mulleres nos países do sur, en distintos contextos rurais e urbanos, e mediante testemuños das mulleres poderán coñecer as situacións destas sociedades, de xeito adaptado ás idades correspondentes.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: