A XUNTA SALIENTA QUE A ENTRADA DE PEMEX EN BARRERAS SIGNIFICARÍA MÁIS CONTRATOS PARA O NAVAL GALEGO E MÁIS CARGA DE TRABALLO

  • O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe que o Goberno galego valora positivamente a posibilidade de que a cuarta petroleira do mundo invista nun estaleiro galego
  • Destacou que se confirma que “México está a confiar na capacidade do sector naval galego e Galicia está a amosar que pode ser un socio estable para os plans de crecemento deste país”
  • Sinalou que este novo paso reforzará e ampliará da alianza estratéxica asinada entre a petroleira mexicana e o Goberno galego

Santiago, 1 de maio de 2013.- A Xunta de Galicia valora positivamente a posible entrada da petroleira mexicana Pemex no accionariado do estaleiro galego Barreras e salienta que facilitaría  máis contratos para Galicia e garantirá máis carga de traballo para o naval galego.

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe que “se confirma que México está a confiar en Galicia e na capacidade do noso sector naval; e Galicia está amosar que pode ser un socio estable para os plans de crecemento dun país en gran expansión”.

Conde amosou o convencemento do Goberno galego de que, con este novo acordo que se está a concretar entre México e Galicia, se poden abrir as portas a novas posibilidades para a comunidade galega, xa que o estaleiro Barreras pasaría a formar parte do Grupo Pemex, o que facilitaría as condicións para a contratación de novos barcos.

Salientou o conselleiro que o paso que están a dar Pemex e Barreras, en base a alianza estratéxica asinada entre a petroleira mexicana e a Xunta de Galicia, facilitaría “máis posibilidades para o crecemento económico de Galicia, máis barcos para o sector naval galego, e polo tanto, máis carga de traballo e emprego tanto para o sector como para a súa importante industria auxiliar”. “Temos conseguido achegar a Galicia a capacidade financeira da cuarta petroleira do mundo”, sinalou, “que ademais se atopa en plena renovación da súa flota”.

 

O interese da petroleira en investir en Galicia reforza a alianza estratéxica con Pemex baseada na confianza mutua establecida entre Galicia e México e confirmada fai unhas semanas na reunión mantida polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente de México, Peña Nieto. Así, esta alianza non só segue avanzando, coa ubicación da plataforma loxística de Pemex no Porto Exterior de A Coruña e a contratación dos dous flotéis en Vigo e Ferrol; senón que está a reforzarse co investimento da petroleira no estaleiro Barreras e a posibilidade de que estaleiros galegos opten a renovación da flota menor de Pemex por 240 millóns de dólares.

 

 

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: