Concello de Vigo


O alcalde anuncia a cesión por dous anos de sete vivendas do Concello a persoas desafiuzadas

Caballero avanzou hoxe martes que o Concello disporá sete vivendas de titularidade municipal en Navia para persoas afectadas por execucións hipotecarias na cidade, sen pagar aluguer. Se trata de “outra decisión máis na nosa posición de loita contra os desafiuzamentos e de apoio aos afectados”.

 


O Concello inicia as obras de remodelación da pista de atletismo de Castrelos

O alcalde de Vigo asisitiu hoxe martes ao inicio das obras de remodelación da pista de atletismo de Castrelos que rematarán previsiblemente a finais de xuño. O orzamento alcanza os 137.257 euros e o proxecto respecta o trazado que xa existe.

 


O Concello colabora na celebración da terceira edición de DecaBike, a festa da bicicleta

O goberno local colabora con Decathlon, organizadora do evento, na celebración o próximo domingo, 5 de maio, da terceira edición do DecaBike, unha gran festa da bicicleta cun percorrido de 10 quilómetros con inicio en Samil e final en Balaídos, ademais de actividades complementarias no areal vigués.

 


O goberno local achega 32.300 euros a asociacións de mulleres que loitan contra a violencia de xénero

O alcalde de Vigo asinou hoxe martes sendos convenios para financiar actividades de loita contra a violencia de xénero por valor de 32.300 euros. Concretamente, a Asociación de Mulleres Dorna recibiu 17.000 euros e a Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo, 15.300 euros.

 


Programación das actuacións das bandas pupulares

Programa completo de “VIGO, UN MAR DE BANDAS 2013”, fruto do convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e maila Federación de Bandas de Música Populares de Vigo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: