O ISSGA FORMARÁ A 150 PERSOAS A TRAVÉS DUN CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS EN LIÑA

  • O Instituto Galego de Seguridade e Saúde laboral (ISSGA) comeza mañá tres novas edicións do curso básico de prevención de riscos laborais en liña
  • A través desta iniciativa, búscase formar a 450 persoas en total ao longo do ano
  • Ademais da oferta formativa en liña, o ISSGA tamén organiza actividades de formación presencial nas catro provincias,  así como xornadas técnicas

 O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) formará, a partir de mañá, a 150 persoas a través do curso básico de prevención de riscos laborais en liña.Estes cursos en liña impártense en colaboración coa Escola galega de administración pública (EGAP).

Hoxe rematan as tres primeiras edicións, que realizaron outras 150 persoas e quedan pendentes tres novos cursos para final de ano, co que se formarán a 450 persoas en total a través desta modalidade.

Estes cursos teñen unha duración aproximada de dous meses e finalizarán cun exame presencial en cada un dos centros do ISSGA. Os seus obxectivos son proporcionar o nivel e capacitación necesario para desenvolver funcións de xestión da prevención (establecida no artigo 35 do regulamento dos servizos de prevención); e facilitar aos empresarios a formación e os coñecementos que os capaciten para xestionar a prevención nas súas propias empresas ou centros de traballo.

A formación en liña, que facilita o acceso á formación das persoas con dificultades para acudir ás aulas por diversos motivos, compleméntase cos cursos presenciais e as distintas xornadas.

Para este ano 2013 está prevista a realización de 12 cursos básicos de prevención de riscos laborais presenciais que terán lugar nos catro centros provinciais do ISSGA. Xa tiveron lugar 6 deles coa asistencia de 250 persoas, así como 6 das 24 xornadas técnicas que sobre diversos temas de interese preventivo están programadas para este ano, coa asistencia de  561 persoas.

Oferta formativa do ISSGA

A Lei de prevención de riscos laborais establece a obriga de proporcionar aos traballadores a formación suficiente e axeitada sobre os riscos que afectan aos seus postos de traballo.

Así mesmo, a lei encomenda ás administracións públicas o desenvolvemento de accións de formación, información e divulgación que contribúan, xunto aos empresarios e traballadores, ao logro dos obxectivos de mellora progresiva das condicións de traballo.

A formación, xunto coa información, promoción e asesoramento en materia de seguridade laboral, constitúe unhas das ferramentas máis axeitadas para promover unha auténtica cultura preventiva no conxunto da sociedade.

Neste liña, a oferta formativa do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), que se desenvolve tanto presencialmente nos seus centros provinciais, como en liña e a través da aula virtual, ten o propósito de proporcionar formación de calidade nesta materia dando cumprimento ao Plan Estratéxico de Prevención de Riscos Laborais 2011–2014.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: