O DEPORTE, LETE LASA, E DA DIRECTORA DE TURISMO DE GALICIA, NAVA CASTRO, NA INAUGURACIÓN DO I FESTIVAL NÁUTICO DE VIGO

descarga (3)  LETE LASA AVOGA POR SEGUIR FORTALECENDO O SECTOR NÁUTICO EN GALICIA POLA SÚA CAPACIDADE PARA XERAR RIQUEZA E EMPREGO NA NOSA COMUNIDADE

  • Saúda a celebración desta cita náutica que considera “unha feliz nova”, porque suporá “un paso máis” no fortalecemento deste sector “de vital importancia” para España e para Galicia
  •  “A unión de empresas de referencia no sector, e a fortaleza propia de cada unha delas ao servizo dun escenario común é un paso imprescindible e necesario para a recuperación da senda de crecemento desexado”, asegura
  • A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, tamén interviu no acto inaugural e resaltou o potencial diferenciador da náutica asociada ao uso turístico.

Vigo, 2 de maio de 2013.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, apelou hoxe ao traballo conxunto entre administracións e empresas para “seguir fortalecendo” o sector náutico en Galicia “pola súa capacidade determinante para xerar riqueza e emprego”. Así o manifestou hoxe no acto de inauguración do I Festival Náutico de Vigo, que se celebrará do 2 ao 5 de maio.

 

O secretario xeral para o Deporte asegurou que a pesar do actual contexto de crise, “non podemos perder a perspectiva inicial: a importancia e o peso deste sector na nosa economía, no que todos, administracións e empresas, debemos atoparnos”, abundou. Por iso, instou a seguir apostando pola náutica como un sector que “aínda pode seguir achegando moito máis”.

 

Lete Lasa precisou que o sector náutico xera en España máis de 107.000 postos de traballo directos e indirectos, e un total de 5.690 millóns de euros sobre o Valor Engadido bruto. Ademais, apuntou que, segundo o Informe do Mercado de Embarcacións de Recreo en España, correspondente ao período de xaneiro a marzo de 2013 e editado por ANEN a partir dos datos da Dirección Xeral da Mariña Mercante, neste primeiro trimestre do ano matriculáronse no noso país 623 embarcacións de recreo, fronte ás 940 que o fixeron no mesmo período do pasado ano, un 33,7 por cento menos.

 

Un punto de encontro social, empresarial e deportivo

Nesta liña, recoñeceu que o nacemento deste Festival Náutico de Vigo é “unha feliz nova”. “A unión de empresas de referencia no sector, e a fortaleza propia de cada unha delas ao servizo dun escenario común é un paso imprescindible e necesario para a recuperación da senda de crecemento desexado”, apostilou.

 

O I Festival Náutico de Vigo reunirá ata o vindeiro domingo ás principais empresas náuticas de Vigo e a súa comarca co obxectivo de promover e dar a coñecer ao público os diferentes produtos e servizos náuticos que se desenvolven e fabrican na cidade e na súa área de influencia, xunto a diversas actividades lúdicas e didácticas para os visitantes. Un evento que, en palabras de Lete, suporá “un paso máis” no fortalecemento deste sector “de vital importancia” para España e para Galicia.

 

No acto inaugural estivo presente tamén a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen resaltou a necesidade de observar o turismo náutico e a práctica da náutica como unha industria rendible, como un factor de desenvolvemento capaz de xerar sinerxias e de producir melloras na economía do territorio no que se asenta, así como na conservación da paisaxe e na sostenibilidade do territorio. Segundo dixo, este efecto prodúcese a través do suministro de equipos e accesorios así como do consumo de bens e servizos e do acondicionamento das instalacións para a práctica náutica.

 

Nava Castro recalcou que “Turismo de Galicia é consciente das potencialidades do destino Galicia para a práctica do turismo náutico, así como os recursos asociados e complementarios dos que dispoñemos”. E engadiu que “o desenvolvemento do turismo ligado ao mar é un factor que temos que potenciar porque somos conscientes de que apostamos por un elemento diferenciador, endóxeno e xerador de riqueza”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: