XOIARÍA DE DESEÑO EN DETRÁS DO MARCO

descarga (2) descarga (3)  O sábado 4 de maio, concerto de Camarada Nimoy (20:30 horas).

Vigo, 2 de maio de 2013. Os días 3 e 4 de maio Detrás do Marco porá en
marcha unha iniciativa absolutamente novidosa no noso local ata o día de hoxe:
O showroom de xoiaría de deseño Supernovas. Serán dous días cheos e
actividades para gozar co traballo das artistas e tamén con fotografía e un
concerto. Mañá venres 3 de maio (19:30 horas) celebraremos o acto de
inauguración do evento e o sábado 4 de maio permanecerán no local de 11 horas
a 22 horas. Durante ese día haberá tamén un performance fotográfica de
Marcos Suárez e remataremos cun concerto de Camarada Nimoy ás 20:30 no
exterior (sempre que o tempo o permita).

Supernovas é un proxecto que naceu dun grupo de mulleres mozas
emprendedoras e xoieiras que comparten inquietudes e espazo de traballo. La
finalidade deste showroom era saír da rutina e mostrar a súa obra a persoas
interesadas na xoiaría de autor que descoñecen o traballo destas artesás. Cada
unha dos seus compoñentes (Cristina T, AXX.D e Lena Vieiro Jewels)
reuníronse para ensinarnos tanto as súas coleccións coma as súas pezas únicas
para compartir así o seu xeito de ver a xoiaría e o mundo que as rodea.

“Calquera cousa pode servir de inspiración para realizar unha xoia”, este é o
lema de Cristina T, que dende o 2001 traballa para que as súas creacións nunca
deixen indiferente á retina da xente. A súa última colección “Odisea”, inspirad
na aventura de Ulises para chegar á súa querida Itaca, intenta seguir
sorprendendo.

AXX.D é unha supernova de dous núcleos, opostos pero complementarios.
Creativas, moi inquedas, sempre están en busca de novos materiais, sen
esquecerse de dar nova vida a obxectos antigos converténdoos en xoias
diferentes e contemporáneas. Creando coleccións moi diversas, e ademais
deseñando xoias únicas e particulares inspiradas na persoa. No seu traballo
está presente un deseño moi pensado, combinando diversas técnicas, materiais
e un rematado moi coidado.

Lena Vieiro é unha artista multidisciplinar que se dedica ademais á xoiaría.
Su principal interese reside na fabricación de pezas únicas que expresen ideas
ou conceptos sen importar a materia coa que estean feitas. Cine e literatura
sobre todo, pero tamén vivir o día a día son as principais fontes do
desenvolvemento do seu traballo. De forma inusual, en Detrás do Marco, todas
elas nos presentan esta nova proposta de xoiaría coa enerxía dunha supernova.

O sábado, concerto de Camarada Nimoy. Camarada Nimoy non son unha
banda de surf nin de swing nin de jazz, pero gustan de todos e cada un deses
xéneros. Tampouco os seus membros son uns fanáticos trekkies de orellas en
punta, pero están fascinados pola vasta multitarefa musical e poética de
Leonard Nimoy, maiormente coñecido polo seu papel de Dr. Spock en Star Trek.
Reunión de catro músicos cun obxectivo: levantar unha proposta propia que se
alimenta da música loung e pero tamén do surf terror. Nalgún momento,
Mancini; a seguir, Man or Astroman? Sen poñer cotos ás posibilidades sonoras,
pero coa idea de seren recoñecibles. Este sábado 4 de maio desembarcan
Detrás do Marco ás 20:30 horas

Lanzada por músicos procedentes do rock, a proposta de C.Nimoy extrae
deles outra experiencia, unha estrutura dos temas peculiar e o uso da
electrónica danlle un carácter diferenciado ao son da banda. Aviso! C.Nimoy é
un grupo instrumental ao que lle gusta moito o cine, soa a banda sonora e o seu
espectáculo medra coas imaxes que o grupo subministra ao público.

O grupo Camarada Nimoy botou a andar o pasado mes de febreiro en Vigo
tendo como camaradas de escenario aos músicos da banda mexicana Twin
Tones. Formaron parte ademais do cartel do Festival Son de Vigo no mes de
agosto na Praza da Constitución.

O grupo está formado por Pablo Muñiz ao baixo (Trem Fantasma,
Transilvanians) Gontxu Muiños á guitarra (Skacha, Keltoi) Diego de Luis á
batería (To Nowhere, Foggy Mental Breakdown) e Paulo Pascual a guitarra e
theremin (Foggy Mental Breakdown, Trem Fantasma).

Actualmente están gravando o que será o seu primeiro LP que sacarán en
vinilo este verán

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: