Archive | mayo 4, 2013

Concello de Vigo


O Concello, axentes e profesionais debaten sobre dinámicas de promoción turística de Vigo

A Mesa de Traballo de Turismo de Vigo, organizada polo goberno local, senta a profesionais e axentes do sector para avaliar e debatir dinámicas de promoción de Vigo como destino turístico. Na sesión deste venres, inaugurada polo alcalde, participaron representantes da Barcelona Convention Bureau e da Sociedade Mixta de Turismo de Xixón como casos de éxito.

 


O goberno de Vigo elaborará unha ordenanza de accesibilidade para que sirva como «modelo para toda España»

O alcalde, Abel Caballero, mantivo este venres unha reunión cos responsables da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) tras a que anunciou a elaboración, conxuntamente coa entidade, dunha nova ordenanza de accesibilidade chamada a ser referencial a nivel estatal.

 

Caballero di que o Concello é a administración que máis recursos adica a políticas sociais contra a crise de toda España

O alcalde sinalou hoxe venres ao Concello de Vigo como a administración española que máis recursos adica a políticas sociais para paliar os efectos da crise. Así o explicou durante a rolda de prensa na que deu conta da sintaura dun convenio con Foanpas por 656.039 euros. En total, avanzou, o goberno local adica 1,7 millóns de euros bolsas de comedor e libros.

 


O alcalde indica que tres novas sentencias favorables avalan a «fortaleza» legal do PXOM

Tras a celebración da Xerencia de Urbanismo, o alcalde deu conta de tres novas sentencias xudiciais relativas ao Plan Xeral con resultado favorable para os intereses municipais. Por outra banda, Caballero tamén informou da cesión gratuita á Universidade de máis de 250.000 m2 de solo para a ampliación do campus.

 

O pavillón de Bouzas encherase na Festa Infantil do Kárate, con 300 nenos e nenas e nove entidades da cidade

Trescentos nenos e nenas de catro clubs, catro colexios e as escolas deportivas municipais da cidade mostrarán este sábado as súas habilidades no pabellón de Bouzas, dentro da XXVI Festa Infantil do Kárate, que comezará ás 17:00 horas e que promete un cheo absoluto.

 

Apertura do prazo de solicitude de actuacións dentro do programa «Vente con nos»

A Concellería de Cultura e Festas ven de asinar un convenio de colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais para a organización do programa «Vente con Nós» do presente ano.

 

Convocatoria de subvencións para programas de actividades socioculturais 2013

Tras a publicación o día 02 de maio de 2013 no boletín oficial da provincia da convocatoria de subvencións para programas de actividades socioculturais realizadas no ano 2013 (aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 19 de abril de 2013), ábrese o prazo para a presentación de solicitudes da antedita convocatoria.

 

APROBACION INICIAL DO PERI A-04-1 BARRIO DO CURA, EXPEDIENTE 12403/411

 

Pechada ao tráfico a rúa TOMAS ALONSO

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de FRESADO E ASFALTADO, a realizar pola empresa Aqualia Gestion Integral Del Agua S A , estará pechada ao tráfico a rúa TOMAS ALONSO Nº 2, con acceso exclusivo para AUTOBUSES, dende o martes 07/05/2013 ás 10:00 horas e por un período aproximado de dous días.

A XUNTA REALIZA HOXE O ÚLTIMO SORTEO DA CAMPAÑA “PRESUME DE PRACEIRO/A” QUE PON EN VALOR A LABOR DOS MERCADOS DE ABASTOS

  • descarga  A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, participou esta mañá no sorteo realizado no Mercado do Progreso, onde extraeu tres papeletas que resultaron premiadas con 75, 50 e 25 euros en bonos de compra.
  • A campaña liderada pola Consellería de Economía e Industria ten coma obxectivo destacar o papel dos mercados como claves na dinamización das vilas e cidades.
  • A iniciativa, na que os clientes votan polos mellores profesionais, enmárcase na estratexia da Administración autonómica para posicionar ás prazas de abastos como líderes na venda de produto fresco e de calidade.

Vigo. 03 de maio de 2013.- A Consellería de Economía e Industria realizou esta mañá o segundo e último sorteo da campaña Presume de praceiro/a, que ten por obxectivo poñer de relevo a figura profesional dos praceiros, ao tempo que se incentivan as compras e se promocionan e visibilizan os mercados e prazas de abastos como referentes na compra de produtos frescos e de calidade.

A iniciativa, na que os clientes dos mercados votan polo seu praceiro ou praceira favorita, enmárcase na estratexia da Administración autonómica para posicionar ás prazas de abastos como líderes na venda de produto fresco e de calidade, chegando así á práctica totalidade dos 102 mercados galegos.

Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, participou no sorteo realizado no Mercado do Progreso, onde extraeu as tres papeletas que resultaron premiadas con 75, 50 e 25 euros en bonos de compra para os clientes ou clientas co fin de impulsar as vendas nos propios mercados. O primeiro sorteo celebrouse o pasado día 12 de abril, e hoxe tivo lugar o segundo. O mellor praceiro ou praceira de cada praza sairá do reconto de todos os votos recibidos, e os elixidos verán recoñecida a súa profesionalidade e dedicación nunha homenaxe pública.

A campaña enmárcase na estratexia que desenvolve a Consellería de Economía e Industria para potenciar as prazas de abastos como pezas clave na estrutura comercial e na dinamización das vilas e cidades. A  esta estratexia, que se centra na modernización, na revalorización e na mellora competitiva dos mercados, destináronse máis de 7,6 millóns de euros nos últimos catro anos.

A Xunta está a incrementar os esforzos destinados a potenciar as prazas de abastos, apostando por mercados onde se leve a cabo unha venda moderna con servizos, diversidade e excelencia capaz de conservar a tradición de compra ao tempo que se dá resposta ás novas necesidades dos consumidores.

Coa campaña Presume de praceiro/a quérese recoñecer aos praceiros e praceiras, destacando a súa profesionalidade, consello e asesoramento, e premiando tanto a clientes como a comerciantes. Ao mesmo tempo, ponse de relevancia a importancia dos mercados e prazas de abastos como dinamizadores do comercio de proximidade e escaparates do produto galego para visitantes e turistas.

VI edición do Congreso Internacional Novos Empresarios. En Vigo, 9 e 10 de maio.

Os días 9 e 10 do próximo mes de maio desenvolverase na cidade de Vigo o VI edición do Congreso Internacional de Novos Empresarios, que organiza AJE contando coa colaboración da Consellería de Economía e Industria a través do Igape.
O programa inclúe relatorios de destacados emprendedores como Carlos Barrabés, Pau García Milá ou Iñaki Arrola, así como diferentes mesas redondas sobre asuntos como o financiamento dos proxectos empresariais, a situación económica actual ou diferentes experiencias de emprendemento.
Por se fose do seu interese, achegamos enlace coa información referida a programa inscricións.

 

www.igape.es

XUNTA E AREEIRO ASINAN UN CONVENIO PARA A PREVENCIÓN E LOITA CONTRA AS PRAGAS DOS VEXETAIS

  • 130503convenioareeiro A Consellería do Medio Rural e do Mar destina 120.000 euros para estas actuacións, a 60.000 euros por ano durante dous anos

Santiago, 3 de maio de 2013.- A Consellería do Medio Rural e do Mar e a Estación Fitopatolóxica do Areeiro -dependente da Deputación de Pontevedra- asinaron hoxe un convenio de colaboración para a prevención e loita contra as pragas dos vexetais. Este convenio bianual ten un orzamento total de 120.000 euros, 60.000 euros por ano. Leer más…

BNG de Vigo

O BNG retira a moción sobre os campamentos tras a rectificación da Deputación e incluir ás crianzas con diversidade funcional 

Vigo, 3 de maio de 2013.- Tras a rectificación da convocatoria dos campamentos que organiza a Deputación de Pontevedra, a portavoz municipal do BNG e deputada provincial, Iolanda Veloso, solicitou a retirada da moción correspondente que o Bloque presentaba hoxe para o seu debate. “Entendemos que ao incluír a todas as crianzas o problema xa está solucionado, polo que agardamos que o ano que vén se manteña o formato novo da convocatoria”, manifestou ao remate da sesión plenaria. Leer más…

El Salón del Automóvil de Vigo 2013 encara su recta final

image001

Satisfacción generalizada entre los concesionarios, ante el volumen de operaciones
efectuadas, a falta del último fin de semana del evento
Un año más, el Salón vigués se muestra como el mejor sitio para comprar
un vehículo, dada la posibilidad de comparar los productos más recientes
y novedosos a cargo de más de una treintena de fabricantes, reunidos en
una misma exposición
De aquí al próximo 5 de mayo, la 22ª edición del Salón del Automóvil de Vigo
vivirá sus últimos días, con la tranquilidad de haber cumplido ya su propósito de
activar el mercado del automóvil, de capital importancia para la economía
gallega. Entre los expositores el balance es abiertamente positivo, en base a
las operaciones cerradas durante estos primeros días de la muestra, así como
las que se esperan realizar durante el fin de semana, y por los múltiples
contactos que en próximas semanas, y ya en los respectivos concesionarios,
se materializarán en nuevas ventas de vehículos.

Al mismo tiempo, los visitantes al Salón tienen a su alcance ofertas y
descuentos especiales, así como condiciones especiales de financiación, lo
que unido a las ayudas del gobierno hacen más atractiva y viable la idea de
adquirir un coche. Lo más difícil, probablemente, es elegir: El público se
encuentra con una amplísima exposición de 25.000 metros cuadrados, en los
que conviven vehículos adaptados a todos los gustos y presupuestos.

Para aderezar el paseo por una muestra tan amplia, no faltan actividades
paralelas como por ejemplo simuladores de conducción o pistas de scalextric,
así como eventos especiales como por ejemplo la Concentración Porsche, que
mañana sábado visitará el Salón desde las 13,30 y las 18:00 hs. y en la que
numerosos propietarios de vehículos de esta marca mostrarán sus vehículos.

La muestra continúa hasta el domingo 5, con horario de 11 a 21 horas durante
el fin de semana.

Concellería Medio Ambiente Xunta de Galicia

A XUNTA INFORMA FAVORABLEMENTE A MODIFICACIÓN QUE FACILITA A AMPLIACIÓN DE CONNORSA E A CREACIÓN DE NOVOS POSTOS DE TRABALLO

  • A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo remite o informe previo a aprobación inicial ao planeamento do Concello de Vilabo
  • aTrátase dunha ampliación en 20.000 m2 cara o suroeste, ao pé do Monte Croa e seguindo o trazado do camiño existente paralelo á costa
  • Os seguintes trámites é aprobar en pleno municipal esta modificación e sometelo a información, ao tempo que se solicitan os informes sectoriais correspondentes

Santiago, 3 de maio de 2013.- A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo vén de remitir ao Concello de Vilaboa o informe previo a aprobación inicial da modificación puntual ao planeamento de Vilaboa, co que se facilita a ampliación das instalacións da empresa Conservas del Noroeste S.A (Connorsa).

Trátase da segunda modificación puntual das normas subsidiarias de Vilaboa vixentes dende 1988, que foi impulsada polo Concello de Vilaboa, despois de que a empresa amosase á administración local a necesidade de ampliar as súas instalacións en 20.000 metros cadrados este solo, para poder continuar a súa actividade dentro do concello.

Tal e como se sinala no informe remitido dende a Xunta, o seguinte paso é aprobar inicialmente no pleno municipal e expoñelo ao público, ao tempo que se solicitan os informes sectoriais correspondentes.

Tamén se recordar que a aprobación definitiva é unha competencia do Consello da Xunta, previo informe na Comisión Superior de Urbanismo, polo que este visto bo poderá acadarse en xxxx.

Tramitación

Dende a Xunta de Galicia sinalase a colaboración efectiva e permanente, xa que foi a administración autonómica a que deu o primeiro paso ao eximir a modificación do sometemento ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica. Esta decisión da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental baséase en que a modificación abrangue unha zona de reducido ámbito territorial na que xa existe unha industria actualmente en funcionamento que non presenta efectos ambientais significativos de conformidade coa Lei 9/2006, do 28 de abril, sempre e cando se  someta o proxecto ao procedemento de avaliación de impacto ambiental o de incidencia ambiental.

A modificación ten como obxectivo reclasificar o solo do ámbito como urbanizable delimitado ao abeiro da Disposición Transitoria 13ª da LOUGA para recoñecer a existencia desta conserveira e posibilitar a ampliación das súas inmediacións. O Goberno galego é consciente da importancia do sector conserveiro e pesqueiro nesta zona, xa que acada o 30 % da súa poboación activa, despois de sector servizos e por riba da construción.

Esta conserveira localízase no fondo da ría de Vigo, na beira oeste da Enseada de San Simón, e próximo ao núcleo de Acuña, na parroquia de San Martiño de Vilaboa. A ampliación das instalacións realizaríase cara o suroeste, ao pé do Monte Croa e seguindo o trazado do camiño existente paralelo á costa.

Cómpre sinalar que na actualidade o concello de Vilaboa réxese por unhas Normas Subsidiarias de Planeamento Provinciais de data 16/01/1988, vixentes dende hai 24 anos.  No ano 2000 o municipio contratou a redacción dun PXOM que tivo dous Informes Previos a Aprobación Inicial, pero aínda non foi aprobado inicialmente polo pleno municipal. A achega da Xunta para a súa a tramitación ascende a máis de 133.000 euros.

O presidente de Portos de Galicia participou esta mañá como ponente do Festival Náutico 2013 de Vigo

JOSÉ JUAN DURÁN: “ESTAMOS A CREAR AS CONDICIÓNS PARA QUE A  NÁUTICA SEXA UN MOTOR DE XERACIÓN DE RIQUEZA E EMPREGO”

 

  • O ente público contempla no Plan Estratéxico da Náutica Recreativa o establecemento de sinerxias cos sectores relacionados co turismo

Santiago, 3 de maio de 2013.-  “Estamos a traballar para crear as condicións que permitan que a náutica recreativa sexa un motor de xeración de riqueza e emprego”. O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, ratificou o compromiso do seu departamento co aproveitamento económico do sector do ocio marítimo esta mañá en Vigo, no marco do Festival Náutico 2013 celebrado nas instalacións de Marina Davila Sport.

Durán Hermida lembrou que esta acción de impulso á rendibilidade económica da náutica recreativa é un dos obxectivos prioritarios contemplados no Plan Estratéxico da Náutica Recreativa (PENR) 2012-2020, o primeiro elaborado pola Xunta de Galicia, que o ente público está a por en práctica dende o pasado verán. Esta folla de ruta resalta tamén a necesidade de establecer sinerxias entre os sectores relacionados co turísmo no ámbito costeiro, de modo que os portos deportivos da nosa comunidade se sitúen como un atractivo destacado de cara ao turismo e unha plataforma de promoción de Galicia.

Durante a súa ponencia, Durán Hermida deu conta tamén das iniciativas que o organismo dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar está a desenvolver para promocionar a nosa comunidade como destino náutico nacional e internacional, dado que polos case 2.000 quilómetros de litoral galego transitan cada ano máis de 15.000 embarcacións, das que unhas 4.000 recalan nos peiraos autonómicos. Así, informou da próxima participación, a instancia de clubes náuticos e municipios costeiros, no Salón Náutico da Rochelle, en Francia, unha das feiras náutica de maior relevancia internacional na que se dará a coñecer a potencia de Galicia no ocio marítimo e os sectores adxacentes.

Finalmente, o presidente de Portos de Galicia informou sobre outras accións que se teñen desenvolvido xa dentro do PENR. Así, lembrou a publicación da Guía Básica de Servizos Náuticos de Galicia, que vén de editar en colaboración coas Autoridades Portuarias, e que recolle información sobre as 39 instalacións náutico recreativas da comunidade, tanto as dependentes do Estado como da Xunta. Igualmente informou da participación de Portos de Galicia no Salón Náutico de París e na feira de turismo Fitu, de Madrid, en colaboración con clubes náuticos e concellos costeiros.

A modificación ten como obxectivo reclasificar o solo do ámbito como urbanizable delimitado ao abeiro da Disposición Transitoria 13ª da LOUGA para recoñecer a existencia desta conserveira e posibilitar a ampliación das súas inmediacións. O Goberno galego é consciente da importancia do sector conserveiro e pesqueiro nesta zona, xa que acada o 30 % da súa poboación activa, despois de sector servizos e por riba da construción.

Esta conserveira localízase no fondo da ría de Vigo, na beira oeste da Enseada de San Simón, e próximo ao núcleo de Acuña, na parroquia de San Martiño de Vilaboa. A ampliación das instalacións realizaríase cara o suroeste, ao pé do Monte Croa e seguindo o trazado do camiño existente paralelo á costa.

Cómpre sinalar que na actualidade o concello de Vilaboa réxese por unhas Normas Subsidiarias de Planeamento Provinciais de data 16/01/1988, vixentes dende hai 24 anos.  No ano 2000 o municipio contratou a redacción dun PXOM que tivo dous Informes Previos a Aprobación Inicial, pero aínda non foi aprobado inicialmente polo pleno municipal. A achega da Xunta para a súa a tramitación ascende a máis de 133.000 euros.

Actividades Novacaixagalicia

novacaixagaliciaConcerto en Vigo da RFG

A Real Filharmonía de Galicia chegará a Vigo o vindeiro xoves 9 de maio ás 20:30 h, ao teatro do Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia para interpretar a Sallinen, Haydn e Richard Strauss. Baixo a dirección do tamén director da Orquestra Nacional de Bordeos e co violoncelista Nicolas Alstaedt, a agrupación reúne nun espectáculo as Danzas nocturnas de don Quixote, para violoncello e orquestra de cordas, op. 58, de Sallinen; aRomanza en fa maior, para violoncello de Richard Strauss; e a Sinfonía núm. 22 en mi bemol maior, «O filósofo» de Joseph Haydn (Adagio, Presto, Menuetto, Finale. Presto).

A obra de teatro El tipo de al lado chega a Vigo e Pontevedra

O teatro do Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia de Vigo acollerá os vindeiros días 10 e 11 de maio, venres e sábado respectivamente, os dous pases da obra de teatro protagonizada por Maribel Verdú e Antonio Molero titulada El tipo de al lado. A continuación, o domingo día 13 trasladaranse a Pontevedra, ao centro social da entidade galega, onde se representará a última das funcións programada desta peza programada pola Fundación Novacaixagalicia. Nas tres ocasións, a hora de comezo dos pases é ás 20:30 h. Las entradas están á venda a través dewww.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500.

Concello do Porriño

descarga

GERENTES DE UNA EMPRESA ALEMANA VISITAN PORREMPREGO PARA RECLUTAR TRABAJADORES

15 porriñesas se forman en lengua alemana para trabajar como enfermeras en el país germano a partir de julio. Además demandan camareros, cocineros y conductores de autobús, para lo cual desde el Concello ya se están organizando nuevos cursos de alemán.

EL CLUB DE PATINAJE RIBEX DE PORRIÑO SUMA NUEVOS TROFEOS A SU PALMARÉS 

El alcalde Nelson Santos recibió a la presidenta del club, Sonia Pérez, para hacerle entrega de la subvención nominativa correspondiente al ejercicio 2013 

Tras lograr una buena clasificación previa, los grupos grande y pequeño de show se preparan ahora para competir en la Copa Gallega y en la Copa de Europa.

ABIERTA LA INSCRIPCIÓN PARA EL I TRIATLÓN CONCELLO DE PORRIÑO

La inscripción deberá realizarse on line e incluye la donación de un kilo de alimento destinado a SOS Porriño. Toda la información al respecto puede encontrarse en la web habilitada exclusivamente para la ocasión http://www.porrinodeporte.com/triatlon/ 

La salida será en Tui con un tramo de 750 metros a nado en el Miño, a continuación se efectuará la prueba ciclista de 20 kilómetros y por último 5 kilómetros de carrera a pie por las calles del centro de Porriño

AUTORIZADA A LICITACIÓN DE 11 NOVOS PROXECTOS DO PLAN DE INVESTIMENTOS, POR UN IMPORTE DE 1,2 MILLÓNS DE EUROS

Inclúe a execución de 8 obras e a subministración de maquinaria a tres concellos

 

  • ·        Realizaranse obras nos concellos de o Cambados, A Estrada, Forcarei, Gondomar, Poio, Nigrán, Rodeiro e Tomiño
  • ·        Dotarase o concello de Arbo dun camión grúa con basculante, ao de Lalín dun tractor-desbrozadora e ao de Vilagarcía de Arousa dun tractor agrícola, unha desbrozadora de cadeas e outra de brazo hidráulico

A Deputación Provincial vén de autorizar, na reunión da Xunta de Goberno deste venres, unha segunda quenda de actuacións do Plan de Investimentos, por un importe total de 1.177.458 euros.