A XUNTA REALIZA HOXE O ÚLTIMO SORTEO DA CAMPAÑA “PRESUME DE PRACEIRO/A” QUE PON EN VALOR A LABOR DOS MERCADOS DE ABASTOS

  • descarga  A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, participou esta mañá no sorteo realizado no Mercado do Progreso, onde extraeu tres papeletas que resultaron premiadas con 75, 50 e 25 euros en bonos de compra.
  • A campaña liderada pola Consellería de Economía e Industria ten coma obxectivo destacar o papel dos mercados como claves na dinamización das vilas e cidades.
  • A iniciativa, na que os clientes votan polos mellores profesionais, enmárcase na estratexia da Administración autonómica para posicionar ás prazas de abastos como líderes na venda de produto fresco e de calidade.

Vigo. 03 de maio de 2013.- A Consellería de Economía e Industria realizou esta mañá o segundo e último sorteo da campaña Presume de praceiro/a, que ten por obxectivo poñer de relevo a figura profesional dos praceiros, ao tempo que se incentivan as compras e se promocionan e visibilizan os mercados e prazas de abastos como referentes na compra de produtos frescos e de calidade.

A iniciativa, na que os clientes dos mercados votan polo seu praceiro ou praceira favorita, enmárcase na estratexia da Administración autonómica para posicionar ás prazas de abastos como líderes na venda de produto fresco e de calidade, chegando así á práctica totalidade dos 102 mercados galegos.

Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, participou no sorteo realizado no Mercado do Progreso, onde extraeu as tres papeletas que resultaron premiadas con 75, 50 e 25 euros en bonos de compra para os clientes ou clientas co fin de impulsar as vendas nos propios mercados. O primeiro sorteo celebrouse o pasado día 12 de abril, e hoxe tivo lugar o segundo. O mellor praceiro ou praceira de cada praza sairá do reconto de todos os votos recibidos, e os elixidos verán recoñecida a súa profesionalidade e dedicación nunha homenaxe pública.

A campaña enmárcase na estratexia que desenvolve a Consellería de Economía e Industria para potenciar as prazas de abastos como pezas clave na estrutura comercial e na dinamización das vilas e cidades. A  esta estratexia, que se centra na modernización, na revalorización e na mellora competitiva dos mercados, destináronse máis de 7,6 millóns de euros nos últimos catro anos.

A Xunta está a incrementar os esforzos destinados a potenciar as prazas de abastos, apostando por mercados onde se leve a cabo unha venda moderna con servizos, diversidade e excelencia capaz de conservar a tradición de compra ao tempo que se dá resposta ás novas necesidades dos consumidores.

Coa campaña Presume de praceiro/a quérese recoñecer aos praceiros e praceiras, destacando a súa profesionalidade, consello e asesoramento, e premiando tanto a clientes como a comerciantes. Ao mesmo tempo, ponse de relevancia a importancia dos mercados e prazas de abastos como dinamizadores do comercio de proximidade e escaparates do produto galego para visitantes e turistas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: