Concellería Medio Ambiente Xunta de Galicia

A XUNTA INFORMA FAVORABLEMENTE A MODIFICACIÓN QUE FACILITA A AMPLIACIÓN DE CONNORSA E A CREACIÓN DE NOVOS POSTOS DE TRABALLO

  • A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo remite o informe previo a aprobación inicial ao planeamento do Concello de Vilabo
  • aTrátase dunha ampliación en 20.000 m2 cara o suroeste, ao pé do Monte Croa e seguindo o trazado do camiño existente paralelo á costa
  • Os seguintes trámites é aprobar en pleno municipal esta modificación e sometelo a información, ao tempo que se solicitan os informes sectoriais correspondentes

Santiago, 3 de maio de 2013.- A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo vén de remitir ao Concello de Vilaboa o informe previo a aprobación inicial da modificación puntual ao planeamento de Vilaboa, co que se facilita a ampliación das instalacións da empresa Conservas del Noroeste S.A (Connorsa).

Trátase da segunda modificación puntual das normas subsidiarias de Vilaboa vixentes dende 1988, que foi impulsada polo Concello de Vilaboa, despois de que a empresa amosase á administración local a necesidade de ampliar as súas instalacións en 20.000 metros cadrados este solo, para poder continuar a súa actividade dentro do concello.

Tal e como se sinala no informe remitido dende a Xunta, o seguinte paso é aprobar inicialmente no pleno municipal e expoñelo ao público, ao tempo que se solicitan os informes sectoriais correspondentes.

Tamén se recordar que a aprobación definitiva é unha competencia do Consello da Xunta, previo informe na Comisión Superior de Urbanismo, polo que este visto bo poderá acadarse en xxxx.

Tramitación

Dende a Xunta de Galicia sinalase a colaboración efectiva e permanente, xa que foi a administración autonómica a que deu o primeiro paso ao eximir a modificación do sometemento ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica. Esta decisión da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental baséase en que a modificación abrangue unha zona de reducido ámbito territorial na que xa existe unha industria actualmente en funcionamento que non presenta efectos ambientais significativos de conformidade coa Lei 9/2006, do 28 de abril, sempre e cando se  someta o proxecto ao procedemento de avaliación de impacto ambiental o de incidencia ambiental.

A modificación ten como obxectivo reclasificar o solo do ámbito como urbanizable delimitado ao abeiro da Disposición Transitoria 13ª da LOUGA para recoñecer a existencia desta conserveira e posibilitar a ampliación das súas inmediacións. O Goberno galego é consciente da importancia do sector conserveiro e pesqueiro nesta zona, xa que acada o 30 % da súa poboación activa, despois de sector servizos e por riba da construción.

Esta conserveira localízase no fondo da ría de Vigo, na beira oeste da Enseada de San Simón, e próximo ao núcleo de Acuña, na parroquia de San Martiño de Vilaboa. A ampliación das instalacións realizaríase cara o suroeste, ao pé do Monte Croa e seguindo o trazado do camiño existente paralelo á costa.

Cómpre sinalar que na actualidade o concello de Vilaboa réxese por unhas Normas Subsidiarias de Planeamento Provinciais de data 16/01/1988, vixentes dende hai 24 anos.  No ano 2000 o municipio contratou a redacción dun PXOM que tivo dous Informes Previos a Aprobación Inicial, pero aínda non foi aprobado inicialmente polo pleno municipal. A achega da Xunta para a súa a tramitación ascende a máis de 133.000 euros.

O presidente de Portos de Galicia participou esta mañá como ponente do Festival Náutico 2013 de Vigo

JOSÉ JUAN DURÁN: “ESTAMOS A CREAR AS CONDICIÓNS PARA QUE A  NÁUTICA SEXA UN MOTOR DE XERACIÓN DE RIQUEZA E EMPREGO”

 

  • O ente público contempla no Plan Estratéxico da Náutica Recreativa o establecemento de sinerxias cos sectores relacionados co turismo

Santiago, 3 de maio de 2013.-  “Estamos a traballar para crear as condicións que permitan que a náutica recreativa sexa un motor de xeración de riqueza e emprego”. O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, ratificou o compromiso do seu departamento co aproveitamento económico do sector do ocio marítimo esta mañá en Vigo, no marco do Festival Náutico 2013 celebrado nas instalacións de Marina Davila Sport.

Durán Hermida lembrou que esta acción de impulso á rendibilidade económica da náutica recreativa é un dos obxectivos prioritarios contemplados no Plan Estratéxico da Náutica Recreativa (PENR) 2012-2020, o primeiro elaborado pola Xunta de Galicia, que o ente público está a por en práctica dende o pasado verán. Esta folla de ruta resalta tamén a necesidade de establecer sinerxias entre os sectores relacionados co turísmo no ámbito costeiro, de modo que os portos deportivos da nosa comunidade se sitúen como un atractivo destacado de cara ao turismo e unha plataforma de promoción de Galicia.

Durante a súa ponencia, Durán Hermida deu conta tamén das iniciativas que o organismo dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar está a desenvolver para promocionar a nosa comunidade como destino náutico nacional e internacional, dado que polos case 2.000 quilómetros de litoral galego transitan cada ano máis de 15.000 embarcacións, das que unhas 4.000 recalan nos peiraos autonómicos. Así, informou da próxima participación, a instancia de clubes náuticos e municipios costeiros, no Salón Náutico da Rochelle, en Francia, unha das feiras náutica de maior relevancia internacional na que se dará a coñecer a potencia de Galicia no ocio marítimo e os sectores adxacentes.

Finalmente, o presidente de Portos de Galicia informou sobre outras accións que se teñen desenvolvido xa dentro do PENR. Así, lembrou a publicación da Guía Básica de Servizos Náuticos de Galicia, que vén de editar en colaboración coas Autoridades Portuarias, e que recolle información sobre as 39 instalacións náutico recreativas da comunidade, tanto as dependentes do Estado como da Xunta. Igualmente informou da participación de Portos de Galicia no Salón Náutico de París e na feira de turismo Fitu, de Madrid, en colaboración con clubes náuticos e concellos costeiros.

A modificación ten como obxectivo reclasificar o solo do ámbito como urbanizable delimitado ao abeiro da Disposición Transitoria 13ª da LOUGA para recoñecer a existencia desta conserveira e posibilitar a ampliación das súas inmediacións. O Goberno galego é consciente da importancia do sector conserveiro e pesqueiro nesta zona, xa que acada o 30 % da súa poboación activa, despois de sector servizos e por riba da construción.

Esta conserveira localízase no fondo da ría de Vigo, na beira oeste da Enseada de San Simón, e próximo ao núcleo de Acuña, na parroquia de San Martiño de Vilaboa. A ampliación das instalacións realizaríase cara o suroeste, ao pé do Monte Croa e seguindo o trazado do camiño existente paralelo á costa.

Cómpre sinalar que na actualidade o concello de Vilaboa réxese por unhas Normas Subsidiarias de Planeamento Provinciais de data 16/01/1988, vixentes dende hai 24 anos.  No ano 2000 o municipio contratou a redacción dun PXOM que tivo dous Informes Previos a Aprobación Inicial, pero aínda non foi aprobado inicialmente polo pleno municipal. A achega da Xunta para a súa a tramitación ascende a máis de 133.000 euros.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: