Archive | mayo 6, 2013

BENESTAR ORGANIZA NOVE OBRADOIROS PARA A PREVENCIÓN DE DANOS MÚSCULO-ESQUELÉTICOS EN MAIORES DE 50 ANOS

  • Estes cursos terán lugar na Coruña, Vigo, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Santiago entre o 16 e o 31 de maio
  • A inscrición é gratuíta e o prazo estará aberto ata o próximo 13 de maio
  • O obxectivo desta programación é dar a coñecer as causas da dor de costas e ensinar hábitos de vida saudable que axuden a resolver ou previr a súa aparición, mediante accións de fisioterapia, hixiene postural e ergonomía
  • A iniciativa complétase coa celebración de nove conferencias dirixidas principalmente á mocidade galega nas que poderán participar un máximo de cen persoas

Santiago, 6 de maio de 2013.- A Secretaría Xeral de Política Social, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, organizará nove obradoiros sobre hábitos de vida saudable e prevención de danos músculo esqueléticos. Estes cursos terán lugar na Coruña, Vigo, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Santiago entre o 16 e o 31 de maio.

Estes obradoiros enmárcanse no proxecto ‘Envellecemento+Activo’ do Programa Europeo de Cooperación Transfronteiriza (POCTEP). A inscrición é gratuíta e o prazo estará aberto ata o próximo 13 de maio. En cada curso poderán participar un máximo de vinte persoas, preferiblemente maiores de 50 anos, que se seleccionarán por orde de inscrición.

O obxectivo desta programación é dar a coñecer as causas da dor de costas e ensinar hábitos de vida saudable que axuden a resolver ou previr a súa aparición, mediante accións de fisioterapia, hixiene postural e ergonomía. Impartiranse a través da Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña.

Nos obradoiros efectuaranse exercicios posturais dun xeito eminentemente práctico e participativo para o que se require ir con roupa cómoda que facilite a súa execución.

Na busca de que a formación impartida nos talleres sexa máis visual e dinámica, co fin de que resulte didáctica e amena, elaborouse unha ferramenta electrónica interactiva. Permite navegar dun xeito sinxelo e facilita a implicación das persoas ás que se dirixen estes obradoiros. Neste soporte incluiranse os contidos tratados nas actividades formativas así como un test de autoavaliación dos coñecementos adquiridos.

A iniciativa complétase coa celebración de nove conferencias dirixidas principalmente á mocidade galega. Versarán sobre contidos teóricos sobre hábitos de vida saudable e prevención de problemas músculo-esqueléticos e serán impartidas por expertos na materia

O CCVV lanza unha nova campaña de dinamización para atraer ao barrio histórico máis familias, máis emprendedores e novas institucións

 

  • triptico CV_2013a_Ant[1]_page2_image3  A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch presentou hoxe Dende agora, a nosa vida no corazón de Vigo. Ven ao Casco Vello, unha campaña que busca animar aos vigueses e viguesas a apostar polo Casco Vello.
  • Actualmente, xa son 44 as novas familias que residen nalgunha das Vivendas de Protección Autonómica (VPA) sorteadas e xa contan con actividade empresarial 7 locais comerciais.
  • Agora, o CCVV ten dispoñibles á espera de novas familias 30 vivendas de protección e un total de 12 locais comerciais con importantes vantaxes de arrendamento.
  • A campaña céntrase nunha serie de accións complementarias en diferentes soportes cunha filosofía e encanto vangardista. Repartíranse cartelería, folletos e merchandising con varias imaxes, información e un plano de situación onde se visualizarán as vivendas dispoñibles, os novos locais e os que xa teñen actividade empresarial.
  • Entre outras accións, o organismo elixiu medios divulgativos e en movemento para a difusión da campaña como é a liña de autobús urbano C-1 que levará a imaxe e a mensaxe do CCVV durante 3 meses e que xa comezou a circular este fin de semana.

Vigo, 6 de maio de 2013-. A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, presentou hoxe unha campaña integral de dinamización para implicar aínda máis aos vigueses e viguesas na recuperación do barrio histórico coa chegada de máis familias, máis emprendedores e a implantación de novas institucións.

Baixo  o lema Dende  agora, a nosa vida no corazón de Vigo. Ven ao Casco Vello, Bravo Bosch, acompañada polo xerente do organismo, Alfonso Ramos, explicou que se busca non só dar a coñecer todo o traballo realizado polo CCVV –participado nun 90% pola Xunta en un 10% polo Concello- dende a súa creación, senón tamén “animar aos mozos e mozas con inquietudes que queiran iniciar unha nova vida e, tamén aos novos emprendedores, a que formen parte activa da recuperación integral do barrio histórico da cidade”.

Ata o de agora, son 44 as novas familias que apostaron polo Casco Vello e que residen nalgunha das Vivendas de Protección Autonómica (VPA) xa sorteadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), mentres que xa contan con actividade empresarial 7 locais comerciais rehabilitados tamén polo organismo. A campaña presentada hoxe fai un chamamento á cidadanía viguesa para que sigan chegando máis familias e máis emprendedores á zona vella, ao tempo que continúe o asentamento de novas institucións.

Neste senso, xa o fixeron por exemplo, a Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APEC) que ten a súa sede na rúa Real, 16; os Rexistradores da Propiedade na mesma rúa Real; hai que ter en conta o proxecto para trasladar o Servizo Común de Notificacións e Embargos ás rúas San Sebastián e Abeleira Menéndez e o Centro de Interpretación e de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas, no antigo edificio Cambón.

Imaxe sinxela

A campaña de dinamización do CCVV tradúcese nunha imaxe sinxela, elegante e práctica na que se visualizan as actuais vivendas dispoñibles con siluetas de xente, familias e futuros emprendedores para o barrio histórico. Entre as actuacións previstas destacan unha serie de accións complementarias, actuais, dinámicas e coidadas, en diferentes soportes pero, sobre todo, multimedia, cunha filosofía e encanto vangardista.

Repartiranse cartelería, folletos e merchandising con varias imaxes e información clara de contacto e un plano de situación onde se visualizarán as vivendas dispoñibles, os novos locais e os que xa teñen actividade empresarial. Ase mesmo o organismo elixiu medios divulgativos e en movemento para a difusión da campaña como é a liña de autobús urbano C-1 que levará a imaxe e a mensaxe do CCVV durante 3 meses e que xa comezou a circular este fin de semana, o sábado día 4.

Haberá tamén publicidade estática de gran formato coa utilización durante 3 meses do mupi vitrina ubicado na Praza de España e o Reloxo-Termómetros de Travesía de Vigo, ambos puntos estratéxicos por onde concorren centos de cidadáns e condutores todos os días.

A campaña inclúe ademais un Pop Up de 5×3  que se colocará na entrada da Delegación Territorial e un Roller Up con imaxes, que se utilizarán en eventos, accións concretas no Casco Vello, roldas de prensa ou entregas de premios.

Por último, se levará a cabo unha campaña local vinculada a accións puntuais e directas de promoción aproveitando importantes actos que se realicen na cidade e coma xa se fixo anteriormente na Festa da Reconquista, no derbi que enfrontou ao Celta co Deportivo ou coa asistencia a feiras e eventos relacionados co sector coma sucedeu con Franquiatlántico, ou nos propios locais que xa están en funcionamento no Casco Vello contando así coa colaboración dos propios adxudicatarios.

As 30 vivendas que están dispoñibles son:

Ferraría 25, 27, 29, 31 (6 vivendas): 5 pisos de 2 dormitorios e 1 de 3 dormitorios. 2 de eles son dúplex.

– Canellón do Estreito, 12 (2 vivendas): 1 piso de 1 dormitorio e 1 de 2 dormitorios.

Ferraría 33-35 (4 vivendas): 2 pisos de 1 dormitorio e 2 de 2 dormitorios (dúplex).

San Sebastián 4-6/Subida ao Castelo 5-7 (10 vivendas): 10 pisos de 1 dormitorio.

– Santiago, 19 (1 vivenda): 1 piso de 1 dormitorio

– San Sebastián 8-12-14 (1 vivenda): de 1 dormitorio

Ferraría 11-13-15-17/San Sebastián 1-3-5-7 (6 vivendas): 2 pisos de 1 dormitorio, 3 pisos de 2 dormitorios e 1 de 3 dormitorios

Mentres, os 12 locais comerciais dispoñibles:

 

– Abeleira Menéndez 18-20:                    55,18 m2

– Cruz Verde, 5, baixo dereita:   54,70 m2 + 13, 20 m2

– Ferraría, 11:                                              98,80 m2

– Ferraría, 25:                                              59,25 m2

Ferraría, 27:                                              60,08 m2

– Ferraría, 29:                                              67,67 m2

– Ferraría, 31:                                              33,21 m2

– Ferraría, 33:                                              52,95 m2

– San Sebastián, 8:                                   28,06 m2

– Abeleira Menéndez, 24:                         32,07 m2

– Real, 25:                                                    72,17 m2

– Cruz Verde, 5, baixo esquerda:          46,10 m2

A DEPUTACIÓN SUBMINISTRARÁ MOBILIARIO AOS VESTIARIOS DE PRETO DE 60 CAMPOS DE FÚTBOL DA PROVINCIA

Colocaranse bancos e estanterías colgadores fabricados nas instalacións de Príncipe Felipe

Cincuenta e cinco campos de fútbol de 35 concellos da provincia recibirán proximamente mobiliario para os vestiarios destas instalacións deportivas.

Así o anunciou esta mañá o presidente da Deputación, Rafael Louzán na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, onde incidiu en que se trata dunha iniciativa impulsada pola Administración autonómica despois de comprobar que moitos dos campos que se dotaban de herba sintética tiñan notables carencias no amoblamento dos vestiarios.

Co obxectivo de corrixir estas deficiencias e dotar a todos os concellos dunhas instalacións deportivas nas mellores condicións posibles, a Deputación decidiu, aproveitando as instalacións de Príncipe Felipe, que conta cuns magníficos obradoiros de carpintería, poñer en marcha un taller para fabricar o mobiliario necesario e doarllo posteriormente aos concellos que o demanden.

Unha vez rematado o prazo para presentar estas solicitudes, demandaron mobiliario para cadanseu campo de fútbol os concellos de Cotobade, Marín, Oia, Meis, Arbo, A Cañiza, Campo Lameiro, Salvaterra, Agolada, Pontecesures, Moraña, Ponte Caldelas, O Rosal, Meaño, Portas, As Neves, Vila de Cruces, Lalín, Rodeiro e O Grove.

Pola súa banda, Sanxenxo precisa novo mobiliario para 3 campos de fútbol, ao igual que Cangas e Valga. Vilaboa, Gondomar, Nigrán, Barro, Tomiño, A Estrada, Mondariz, Ponteareas, Tui e Forcarei. O Porriño demanda mobiliario para os 4 campos que ten en activo e para os dous que se están a construír nestes momentos.

 

COLOQUIO COA PRESIDENTA DE SIEMENS EN ESPAÑA, ROSA GARCÍA

XANTAR-COLOQUIO COA PRESIDENTA DE SIEMENS EN ESPAÑA, ROSA GARCÍA
O director xeral do Igape, Javier Aguilera Navarro, será o encargado de presentar á presidenta de Siemens en España, Rosa García, no xantar-coloquio organizado pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD) que se desenvolverá o próximo 14 de maio, ás 13,45 horas, no Hotel A Quinta da Auga, en Santiago de Compostela.
Se o coloquio coa presidenta de Siemens en España é do seu interés, poderá beneficiarse do desconto correspondente ás inscricións realizadas a partir da difusión a través do Igape, cun prezo especial de APD de 45€ +10% de IVE (o prezo sen desconto é de 75€ + ive 10%)

 

Para realizar a inscripción co correspondente desconto deben facer mención á tarxeta que se adxunta a esta mensaxe ao contactar con APD: 981 53 64 34 /apd@gal.apd.es.

 

www.igape.es

Conciertazo desde Mexico DF: Los Mighty Calacas – Vigo

——————————————————–

descarga (1)  LOS MIGHTY CALACAS (MEX)

MIERCOLES 8 MAYO 2013 – 21:30H

LA IGUANA CLUB, VIGO

——————————————————–

A golpe de miércoles, justo a mitad de semana para coger fuerza y terminar la semanita con ritmo, porque Los Mighty Calacas nos traen el directo más bailongo de todo DF!

100% tolache mexicano, integrando es su música la grasa y la salsa de las enchiladas verdes junto con un poco de humor de esta ingeniosa mexicanidad y mucho Blues, Soul, Funk, Surf y Grooves muuuy grasientos!

Señoras y Señores, y en especial señoritas… démsle la bienvenida a… Los Mighty Calacas.

¡A calequear bien sabroso!

Cerca de 200 personas buscarán reinventarse esta semana en el 6º Congreso de AJE

descarga  Pau A. Montserrat, Antonio Catalán y Pau García Milá, entre los ponentes

Vigo, 6 de mayo de 2013.- El 6º Congreso Internacional de la Asociación de Jóvenes Empresarios reunirá en Vigo a cerca de 200 personas con el objetivo de  reinventarse, como salida a la crisis. Entre el jueves y viernes próximo (9 y 10 de mayo), desfilarán por el escenario del Centro Social Novacaixagalicia, economistas, empresarios y algunos de los más reconocidos emprendedores españoles con proyección internacional. Leer más…

Programa Actividades MAIO/XUÑO/XULLO do Centro Cultural RUEIRO de COIA

                                 LETRAS GALEGAS 2013

                                     TEATRO NO BARRIO

DÍA: SÁBADO, 11 DE MAIO ÁS 20:30 HORAS

GRUPO:    ATLÁNTIDA DE MATAMÁ

                       TÍTULO DA OBRA:  VISIÓN DUN CEGO

   LUGAR:  SALÓN DE ACTOS DO COMPLEXO PARROQUIAL DA IGREXA

DO CRISTO DA VITORIA.        Leer más…

LA DENOMINACIÓN DE ORIGEN MONTERREI COMIENZA MAÑANA SU ANDADURA EN LA FERIA NACIONAL DEL VINO “FENAVIN 2013”

Se celebrará hasta el jueves en Ciudad Real y la Denominación de Origen participara con stand propio asistiendo también cuatro bodegas amparadas por el Consejo Regulador.

Dentro de las actividades promocionales programadas por el Consejo Regulador de la Denominación de Origen Monterrei para este año está  la participación a partir de mañana con un stand propio en la feria monográfica del vino más importante de España y referencia en el mercado del vino español “FENAVIN 2013” asistiendo también cuatro de las bodegas amparadas por este organismo y estando el Presidente del Consejo, Antonio A. Méndez Atanes a la cabeza de la delegación.

En esta edición, 1.214 bodegas tendrán sus vinos en FENAVIN, un 1.4% más que en la edición anterior, el número de compradores nacionales e internacionales está previsto que alcance casi los 12.800, un 4,83% más que en la edición anterior, la organización gestionará 700 compradores llegados de 61 países del mundo, y casi 3.000 nacionales, más todos aquellos que lleguen a la Feria por su cuenta.

Una leyenda del fútbol y, para muchos, el mejor futbolista de todos los tiempos, Alfredo Di Stéfano, acompañado de destacadísimas personalidades del mundo del cine, la canción y la comunicación del país como el cineasta José Luis Cuerda, la cantante y actriz Mónica Molina, los actores Concha Cuetos y Emilio Gutiérrez Caba, y los comunicadores José Ribagorda y Lorenzo Díaz serán nombrados Embajadores del Vino en FENAVIN 2013.Con este nombramiento como Embajadores del Vino, ceremonia que cumple su segunda edición, se pretende ligar a destacadas personalidades del país con las buenas bondades del vino español, como por ejemplo la de poder disfrutar de una vida más saludable.

Asimismo, nombres muy destacados del mundo del vino internacional compartirán sus conocimientos en distintas actividades esos días. Éste es el caso de Robert Joseph, considerado una de las 50 personalidades más influyentes del mundo del vino internacional, fundador del International Wine Challenge y editor jefe de la publicación Wine Business Internacional, quien intentará arrojar luz sobre las claves para conocer los gustos de los consumidores en distintos países; Pedro Ballesteros, Master of Wine español, María José Huertas, Nariz de Oro y sumiller de la Terraza del Casino de Madrid y David Seijas, sumiller de El Bulli hasta su cierre y Nariz de Oro 2006.