A DEPUTACIÓN SUBMINISTRARÁ MOBILIARIO AOS VESTIARIOS DE PRETO DE 60 CAMPOS DE FÚTBOL DA PROVINCIA

Colocaranse bancos e estanterías colgadores fabricados nas instalacións de Príncipe Felipe

Cincuenta e cinco campos de fútbol de 35 concellos da provincia recibirán proximamente mobiliario para os vestiarios destas instalacións deportivas.

Así o anunciou esta mañá o presidente da Deputación, Rafael Louzán na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, onde incidiu en que se trata dunha iniciativa impulsada pola Administración autonómica despois de comprobar que moitos dos campos que se dotaban de herba sintética tiñan notables carencias no amoblamento dos vestiarios.

Co obxectivo de corrixir estas deficiencias e dotar a todos os concellos dunhas instalacións deportivas nas mellores condicións posibles, a Deputación decidiu, aproveitando as instalacións de Príncipe Felipe, que conta cuns magníficos obradoiros de carpintería, poñer en marcha un taller para fabricar o mobiliario necesario e doarllo posteriormente aos concellos que o demanden.

Unha vez rematado o prazo para presentar estas solicitudes, demandaron mobiliario para cadanseu campo de fútbol os concellos de Cotobade, Marín, Oia, Meis, Arbo, A Cañiza, Campo Lameiro, Salvaterra, Agolada, Pontecesures, Moraña, Ponte Caldelas, O Rosal, Meaño, Portas, As Neves, Vila de Cruces, Lalín, Rodeiro e O Grove.

Pola súa banda, Sanxenxo precisa novo mobiliario para 3 campos de fútbol, ao igual que Cangas e Valga. Vilaboa, Gondomar, Nigrán, Barro, Tomiño, A Estrada, Mondariz, Ponteareas, Tui e Forcarei. O Porriño demanda mobiliario para os 4 campos que ten en activo e para os dous que se están a construír nestes momentos.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: