BENESTAR ORGANIZA NOVE OBRADOIROS PARA A PREVENCIÓN DE DANOS MÚSCULO-ESQUELÉTICOS EN MAIORES DE 50 ANOS

  • Estes cursos terán lugar na Coruña, Vigo, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Santiago entre o 16 e o 31 de maio
  • A inscrición é gratuíta e o prazo estará aberto ata o próximo 13 de maio
  • O obxectivo desta programación é dar a coñecer as causas da dor de costas e ensinar hábitos de vida saudable que axuden a resolver ou previr a súa aparición, mediante accións de fisioterapia, hixiene postural e ergonomía
  • A iniciativa complétase coa celebración de nove conferencias dirixidas principalmente á mocidade galega nas que poderán participar un máximo de cen persoas

Santiago, 6 de maio de 2013.- A Secretaría Xeral de Política Social, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, organizará nove obradoiros sobre hábitos de vida saudable e prevención de danos músculo esqueléticos. Estes cursos terán lugar na Coruña, Vigo, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Santiago entre o 16 e o 31 de maio.

Estes obradoiros enmárcanse no proxecto ‘Envellecemento+Activo’ do Programa Europeo de Cooperación Transfronteiriza (POCTEP). A inscrición é gratuíta e o prazo estará aberto ata o próximo 13 de maio. En cada curso poderán participar un máximo de vinte persoas, preferiblemente maiores de 50 anos, que se seleccionarán por orde de inscrición.

O obxectivo desta programación é dar a coñecer as causas da dor de costas e ensinar hábitos de vida saudable que axuden a resolver ou previr a súa aparición, mediante accións de fisioterapia, hixiene postural e ergonomía. Impartiranse a través da Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña.

Nos obradoiros efectuaranse exercicios posturais dun xeito eminentemente práctico e participativo para o que se require ir con roupa cómoda que facilite a súa execución.

Na busca de que a formación impartida nos talleres sexa máis visual e dinámica, co fin de que resulte didáctica e amena, elaborouse unha ferramenta electrónica interactiva. Permite navegar dun xeito sinxelo e facilita a implicación das persoas ás que se dirixen estes obradoiros. Neste soporte incluiranse os contidos tratados nas actividades formativas así como un test de autoavaliación dos coñecementos adquiridos.

A iniciativa complétase coa celebración de nove conferencias dirixidas principalmente á mocidade galega. Versarán sobre contidos teóricos sobre hábitos de vida saudable e prevención de problemas músculo-esqueléticos e serán impartidas por expertos na materia

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: