Archive | mayo 7, 2013

El Ministerio de Industria pone en marcha ayudas para el desarrollo industrial por 723,5 millones de euros

  • GetAttachment El ministro de Industria, Energía y Turismo, José Manuel Soria, defiende la importancia de la innovación para fomentar el crecimiento económico y la generación de empleo.
  • El objetivo de las ayudas es potenciar inversiones que mejoren la competitividad, la regeneración del tejido industrial y la innovación.
  •  Los préstamos son para empresas privadas de cualquier sector industrial, a un tipo del 4,925%  y un periodo de devolución de hasta 10 años incluyendo tres de carencia. Leer más…

Concello de Vigo


O alcalde inaugura a primeira fase da reforma da rúa Brasil e anuncia novas humanizacións

Caballero inaugurou este luns a primeira das dúas fases da humanización da rúa Brasil, na que o goberno local inviste 1,9 millóns. O alcalde adiantou que os seis millóns do superávit do Concello do pasado ano irán «masivamente para humanizacións», unha «reclamación prácticamente xeralizada nesta cidade».

 


Caballero eloxia o traballo da Fundación Menela coa que o Concello colabora coa cesión de instalacións e 15.000 euros

O alcalde achegouse hoxe luns ata as instalacións do Centro de Educación Especial Menela, que traballa con nenos e nenas con autismo. Caballero reiterou a súa vocación de seguir a cooperar una entidade que fai un traballo «exepcional» á que na actualidade lle cede o pavillón de Coia para realizar actividades de educación física, ademais do convenio para a posta en marcha do Programa Respiro Familiar, dotado de 15.000 euros.

 


O Concello habilita unha nova rampa de acceso á praia para discapacitados nas zona de dunas de Samil

O alcalde fixo balance hoxe luns dos traballos realizados para a posta en marcha da temporada de praias, que xa comezou. De feito, hoxe mesmo mantivo un encontro con parte dos operarios que van velar durante seis meses polo bo estado dos arenais e os seus accesos.

 

Vigo en galego con Rosalía. Alumea a túa lingua!

 


Concerto de piano a catro mans

O martes 7 de maio, ás 20,00h, terá lugar no Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei, 1), un concerto de piano a catro mans a cargo de Lilya Zilberstein e Pablo Galdo, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas.

GARDACOSTAS REQUISA 463 APARELLOS DE PESCA E PRETO DE 170 QUILOS DE ESPECIES EN DIVERSOS OPERATIVOS CONTRA O FURTIVISMO

  • pulpo  A actuación máis destacada realizárona en Muros, onde os axentes incautaron 295 nasas e comisaron 33 quilos de polbo

Santiago, 6 de maio de 2013.- Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, requisaron 463 aparellos de pesca, preto de 170 quilos de peixe e marisco e 3.250 metros de artes de enmalle en distintos operativos realizados polo litoral galego na última semana.

A actuación máis destacada realizárona en Muros, onde os axentes incautaron 295 nasas e comisaron 33 quilos de polbo. A costa de Muxía tamén foi obxecto de actuación dos Gardacostas. Nun operativo desenvolvido en Boubirón e A Pedriña requisaron máis de 19 quilos de ourizo e percebe.

Noutras actuacións na ría de Arousa, os inspectores da Xunta fixéronse con máis de 65 quilos de distintas especies, 4 aparellos e 1.500 metros de artes de enmalle. O operativo máis importante foi o realizado na zona de Punta Faxilda, que resultou co comiso de 33 quilos de centola e 3 de lumbrigante e coa incautación dos 1.500 metros de artes de enmalle e dun viveiro de Ferro.

A maiores, na ría de Pontevedra os axentes requisaron 164 aparellos, 1.750 metros de miños e  51 quilos de distintas especies. A actuación máis destacada levada a cabo nesta ría resultou coa incautación de 86 nasas, 750 metros de artes de enmalle e máis de 16 quilos de diversas especies.

MEXI-LLÓN SERÁ A MASCOTA DA VOLTA CICLISTA 2013 ENCARGADA DE PROMOCIONAR AS RÍAS BAIXAS

_P2A9313  Elaborada por Pepe Carreiro, autor dos Bolechas, foi presentada hoxe na Deputación de Pontevedra e será promocionada en Tv, nas saidas e chegadas de etapa e ao longo de todo o itinerario da carreira 

  • A Deputación levará Pontevedra e as Rías Baixas a toda España a través de diversas actuacións e merchandising

Por primeira vez, a provincia de Pontevedra acolle a saída oficial da Volta Ciclista España que terá lugar o 24 de Agosto, así como as catro  primeiras etapas que transcorrerán pola provincia: Vilanova-Sanxenxo, Vigo-Mirador do Monte Lobeira, Pontevedra-Baiona e Lalín/A Estrada-Fisterra (A Coruña).

Este ano a Deputación quere aproveitar o tirón  da 68 edición da Volta Ciclista a España 2013 para promocionar o destino provincia de Pontevedra-Rías Baixas por toda España e para dar a coñecer as paisaxes, produtos, cultura, historia, festas encantos naturais, posibilidades de ocio, etc. Cun orzamento de 123.400€ , trátase en palabras do Presidente da Deputación, Rafael Louzán, dun “esforzo que serve para todos e sobre todo, para o espectro socioeconómico das Rías Baixas”. Deste xeito,  vaise promocionar a provincia de Pontevedra nas 21 saídas e 21 metas e por todo o itinerario que vai percorrer a volta ciclista.

 

Para aproveitar o gancho da volta darase a coñecer un dos produtos máis representativos das Rías Baixas e de Galicia: o mexillón, primeiro produto do mar en Europa en obter o distintivo de calidade «Denominación de Orixe Protexida» como así manifestou o Presidente do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, Francisco Alcalde.

 

Campaña con novidades

A campaña acadará unha ampla repercusión _a través de TVE, La 2 e Teledeporte así como nas chegadas e saidas de etapa e no curso da carreira que, o ano pasado, tivo 2,2 millóns de espectadores en directo nas propias estradas _ a través dunha serie de novidades:

  • A instalación do punto de partida da volta ciclista nunha batea no porto de  Vilanova de Arousa.
  • A creación dunha primeira mascota de todas as edicións da Volta Ciclista a España: “Mexi-llón” deseñada polo un humorista gráfico, Pepe Carreiro (autor de Os bolechas).
  • A edición do conto “Mexi-llón, un ciclista das rías baixas”. O libro contén seccións como un mapa co percorrido da volta 2013 e recomendacións para os ciclistas (poñer casco, ir en compañía, ou indicar os movementos). O protagonista é un mexillón con Denominación de Orixe Galega que vive nunha batea e que quere ser ciclista. O libro editou 5.000 exemplares en galego e 10.000 en castelán, e repartiranse  por toda España.
  • A creación dun xogo semellante ó xogo da Oca con saída e chegada nas Rías Baixas e que levará ós xogadores polo itinerario da volta.
  • Stands das Rías Baixas e do mexillón e unha xunto a mascota da volta Ciclista, Mexi-llón, en todas as saídas e metas das distintas etapas da volta.
  • Presenza de dous vehículos rotulados co “Destino Rías Baixas” e coa imaxe do mexillón que percorrerá as etapas para facer promoción directa regalando folletos e produtos de merchandising, etc.
  • Instalación do denominado “Parque meta” con 10.000 metros cadrados de exhibición e acceso gratuíto en horario de 17:00 a 21:00 horas para achegarse ó público familiar.  A Deputación instalará un stand inchable onde nenos e maiores poderán xogar ó xogo do mexillón a tamaño real.
  • Toda esta actividade promocional compleméntase coa campaña “Espíritu Rías Baixas” na que priman as novas tecnoloxías, as redes sociais, os vídeos e as imaxes… para activar o interese e o desexo de calquera espectador a través da transmisión de sensacións, texturas ou imaxes.

 

 

GALICIA REXISTRA UNHA BAIXADA DO DESEMPREGO DE 728 PERSOAS NO MES DE ABRIL, UN 0,25 POR CENTO MENOS

  • A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, considerou que un descenso do paro é positivo pero matizou que hai que ter cautela ata coñecer a evolución do ano
  • Destacou que Galicia presenta unha evolución interanual mellor que a media estatal, unha porcentaxe que mellorou en case 9 puntos desde o mesmo mes do ano pasado
  • A baixada do desemprego concéntrase no sector da construción (-1.133) e na industria (-350)

Santiago, 6 de maio de 2013.- Galicia rexistrou no mes de abril unha baixada do desemprego de 728 persoas, un 0,25 por cento menos que a cifra de marzo. Deste xeito, o número de desempregados sitúase en Galicia en 290.459 persoas.

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, considerou que unha diminución do número de parados é un dato positivo, pero insistiu en que hai que ter cautela ata coñecer a evolución do ano.

Trátase da segunda baixada do paro no ano 2013, que se suma así á rexistrada en marzo. Díaz López destacou que isto supón un “mellor comportamento” con respecto á 2012, cando o desemprego si subía en marzo e abril.

De novo, este mes reflíctese na evolución interanual a contención da destrución de emprego. En abril, a interanual situouse nun 4,62 por cento, o que supón mellorar en case 9 puntos o dato do ano pasado e inverter a situación con respecto a España: se hai un ano Galicia estaba por riba da media, agora está por debaixo.

Así, este mes o aumento interanual de Galicia é do 4,62 por cento, fronte ao 5,16 por cento do Estado. Das 16 comunidades autónomas nas que se incrementa o desemprego en termos interanuais, Galicia é a cuarta que presenta un mellor comportamento.

Por sectores, o principal descenso concéntrase na construción (-1.133), seguido pola industria (-350). Tamén baixa na agricultura e pesca (-130). Pola contra, o desemprego sube no sector servizos (+801) e no colectivo sen emprego anterior (+84).

Por provincias, o paro baixou en todas elas, sendo Coruña a que máis diminúe (-426); seguida por Ourense (-163), Pontevedra (-70) e Lugo (-69)

En canto aos contratos, no mes de abril rexistráronse en Galicia un total de 52.716, 9.446 contratos máis que no mes anterior. Deste total, 4.823 foron indefinidos (9,15 por cento) e 47.893 temporais (90,85%).

A COCIÑA DE AUTOR DE PANDEMONIUM CHEGA A REDONDELA PARA PROMOCIONAR, DA MAN DA DEPUTACIÓN, OS PRODUTOS FRESCOS E OS MERCADOS DE ABASTOS

O restaurador Antonio Botana elaborará o vindeiro martes receitas no marco do programaShowcooking, Cociña de Mercado

O programa pretende dinamizar os mercados municipais e recuperar o seu peso como centro de referencia para a compra de produtos frescos

O restaurador Antonio Botana, do prestixioso restaurante Pandemonium de Cambados, levará a súa arte culinaria ao mercado de abastos de Redondela o vindeiro martes, 7 de maio, no marco do programa Showcooking Cociña de Mercado, co que a Deputación de Pontevedra en colaboración coa Xunta de Galicia pretende dinamizar os mercados municipais e recuperar o seu valor como centro de referencia para a compra de produtos frescos de calidade. Leer más…

A LEI DO EMPRENDEMENTO CREARÁ UN CENSO DE VIVEIROS EMPRESARIAIS QUE FACILITARÁ AO EMPRENDEDOR OS RECURSOS NECESARIOS PARA DESENVOLVER O SEU PROXECTO

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, visita o Espazo Emprendedor de AJE Pontevedra, resaltando a importancia dunha iniciativa que recompilará as capacidades e niveis de ocupación de cada viveiro

 Conde subliña a importancia de lugares como o Espazo Emprendedor, que conta con 12 despachos e un semilleiro de ideas que facilitan aos emprendedores recibir formación e desenvolver proxectos que benefician á economía galega.

EL CONSORCIO DE LA ZONA FRANCA DE VIGO INSTALA LÁMPARAS LED EN TODOS SUS EDIFICIOS PARA REDUCIR SU HUELLA DE CARBONO Y AHORRAR COSTES EN ENERGÍA

Vigo, 6 de mayo de 2013.- Continuando con su política de ahorro energético, el Consorcio de la Zona Franca de Vigo acaba de adjudicar el contrato de suministro de 3.000 lámparas basadas en tecnología led para sustituir a los actuales tubos fluorescentes que hasta ahora iluminaban todas sus instalaciones propias. Con este cambio se reducirá notablemente la huella de carbono de este organismo ya que se conseguirá una drástica reducción de emisiones de CO2 a la atmósfera al dejar de emitir unas 80 toneladas/año de este gas. Esta reducción de emisiones prevista con la actuación equivale a la plantación de 4.025 árboles. Además del beneficio ecológico, este cambio traerá también consigo unos importantes ahorros de dinero público en la factura energética en iluminación que puede cifrarse en el 50% del consumo. En total, la inversión que se va a llevar a cabo asciende a casi 100.000 euros. Leer más…

Amplíase o prazo de inscrición nos cursos de Merlo Branco para esta fin de semana

descarga (2)  Para cubrir as últimas prazas dos cursos de ‘Matemática danzada’ e ‘Cantigas e danzas do mundo para bebés’ que Merlo Branco organiza os días 10, 11 e 12 deste mes (esta fin de semana) en Calo, Teo, amplíase o prazo de inscrición.

 

Figueroa: «Esta obra, que será realidad en pocas semanas, resolverá un problema histórico de seguridad en la parroquia de Beade»

descarga (1)  El arreglo del punto negro en el vial de Ramiro Pascual completará la urbanización de la carretera con aceras de dos metros y nuevos pasos de peatones

La inversión en el proyecto supera los 60.000 euros y tiene un plazo de ejecución inferior a los dos meses de obras

La Diputación licitó los trabajos que faltan en la carretera en su tramo más próximo a la parroquia de Valladares

Vigo, 06 de mayo. El vicepresidente de la Diputación de Pontevedra, José Manuel Figueroa, acompañado de la diputada Marta Iglesias, presentó esta mañana las obras que concluirán la mejora y urbanización definitiva de la calle Ramiro Pascual, principal arteria de circulación rodada en la parroquia viguesa de Beade.

«Esta obra, que será realidad en varias semanas, resolverá un problema histórico de seguridad en Beade», señaló Figueroa, tras recordar que se trata de una curva sin visibilidad, ubicada a escasos 200 metros de la iglesia, y en la que los peatones se ven obligados desde hace años a circular por un arcén de menos de un metro de anchura.

El vicepresidente del organismo provincial señaló que el plazo de ejecución está por debajo de los dos meses y el costo total, incluyendo las expropiaciones necesarias, ronda los 60.000 euros.

«La negociación con los propietarios de las zonas afectadas ha consumido años de trabajo y de negociación», precisó Figueroa. La obra incluirá un rediseño de la curva, la instalación de aceras de dos metros de ancho y al menos dos nuevos pasos de peatones.

Por otro lado, Figueroa e Iglesias confirmaron a los vecinos que hace pocos días la Diputación licitó las obras del tramo que falta por mejorar en la misma calle Ramiro Pascual, en su zona más próxima a la parroquia de Valladares. «Con estas obras se completará la mejora integral del vial central de Beade, por el que transitan a diario varios miles de personas», precisó.

Los vecinos de la zona aplaudieron el inicio de los trabajos y explicaron que se trata de una de las áreas más peligrosas de la parroquia, sobre todo por la ausencia de aceras. «Era un proyecto largamente demandado y agradecemos a la Diputación que por fin se ejecuten las obras y se haya solventado el problemas de las expropiaciones», señaló una de las portavoces de la asociación vecinal de Beade.

José Manuel Figueroa recordó también que el organismo provincial está realizando un esfuerzo presupuestario para atender la mejora y reforma de los viales en peor estado o con un mayor índice de siniestralidad, ya que en los últimos ejercicios se ha priorizado la inversión social sobre el gasto en carreteras. «Esta obra de Beade -significó- es una excepción en este sentido, ya que se trata de un proyecto largamente demandado y de vital necesidad para una de las zonas más pobladas del extrarradio vigués».