GALICIA REXISTRA UNHA BAIXADA DO DESEMPREGO DE 728 PERSOAS NO MES DE ABRIL, UN 0,25 POR CENTO MENOS

  • A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, considerou que un descenso do paro é positivo pero matizou que hai que ter cautela ata coñecer a evolución do ano
  • Destacou que Galicia presenta unha evolución interanual mellor que a media estatal, unha porcentaxe que mellorou en case 9 puntos desde o mesmo mes do ano pasado
  • A baixada do desemprego concéntrase no sector da construción (-1.133) e na industria (-350)

Santiago, 6 de maio de 2013.- Galicia rexistrou no mes de abril unha baixada do desemprego de 728 persoas, un 0,25 por cento menos que a cifra de marzo. Deste xeito, o número de desempregados sitúase en Galicia en 290.459 persoas.

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, considerou que unha diminución do número de parados é un dato positivo, pero insistiu en que hai que ter cautela ata coñecer a evolución do ano.

Trátase da segunda baixada do paro no ano 2013, que se suma así á rexistrada en marzo. Díaz López destacou que isto supón un “mellor comportamento” con respecto á 2012, cando o desemprego si subía en marzo e abril.

De novo, este mes reflíctese na evolución interanual a contención da destrución de emprego. En abril, a interanual situouse nun 4,62 por cento, o que supón mellorar en case 9 puntos o dato do ano pasado e inverter a situación con respecto a España: se hai un ano Galicia estaba por riba da media, agora está por debaixo.

Así, este mes o aumento interanual de Galicia é do 4,62 por cento, fronte ao 5,16 por cento do Estado. Das 16 comunidades autónomas nas que se incrementa o desemprego en termos interanuais, Galicia é a cuarta que presenta un mellor comportamento.

Por sectores, o principal descenso concéntrase na construción (-1.133), seguido pola industria (-350). Tamén baixa na agricultura e pesca (-130). Pola contra, o desemprego sube no sector servizos (+801) e no colectivo sen emprego anterior (+84).

Por provincias, o paro baixou en todas elas, sendo Coruña a que máis diminúe (-426); seguida por Ourense (-163), Pontevedra (-70) e Lugo (-69)

En canto aos contratos, no mes de abril rexistráronse en Galicia un total de 52.716, 9.446 contratos máis que no mes anterior. Deste total, 4.823 foron indefinidos (9,15 por cento) e 47.893 temporais (90,85%).

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: