MEXI-LLÓN SERÁ A MASCOTA DA VOLTA CICLISTA 2013 ENCARGADA DE PROMOCIONAR AS RÍAS BAIXAS

_P2A9313  Elaborada por Pepe Carreiro, autor dos Bolechas, foi presentada hoxe na Deputación de Pontevedra e será promocionada en Tv, nas saidas e chegadas de etapa e ao longo de todo o itinerario da carreira 

  • A Deputación levará Pontevedra e as Rías Baixas a toda España a través de diversas actuacións e merchandising

Por primeira vez, a provincia de Pontevedra acolle a saída oficial da Volta Ciclista España que terá lugar o 24 de Agosto, así como as catro  primeiras etapas que transcorrerán pola provincia: Vilanova-Sanxenxo, Vigo-Mirador do Monte Lobeira, Pontevedra-Baiona e Lalín/A Estrada-Fisterra (A Coruña).

Este ano a Deputación quere aproveitar o tirón  da 68 edición da Volta Ciclista a España 2013 para promocionar o destino provincia de Pontevedra-Rías Baixas por toda España e para dar a coñecer as paisaxes, produtos, cultura, historia, festas encantos naturais, posibilidades de ocio, etc. Cun orzamento de 123.400€ , trátase en palabras do Presidente da Deputación, Rafael Louzán, dun “esforzo que serve para todos e sobre todo, para o espectro socioeconómico das Rías Baixas”. Deste xeito,  vaise promocionar a provincia de Pontevedra nas 21 saídas e 21 metas e por todo o itinerario que vai percorrer a volta ciclista.

 

Para aproveitar o gancho da volta darase a coñecer un dos produtos máis representativos das Rías Baixas e de Galicia: o mexillón, primeiro produto do mar en Europa en obter o distintivo de calidade «Denominación de Orixe Protexida» como así manifestou o Presidente do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, Francisco Alcalde.

 

Campaña con novidades

A campaña acadará unha ampla repercusión _a través de TVE, La 2 e Teledeporte así como nas chegadas e saidas de etapa e no curso da carreira que, o ano pasado, tivo 2,2 millóns de espectadores en directo nas propias estradas _ a través dunha serie de novidades:

  • A instalación do punto de partida da volta ciclista nunha batea no porto de  Vilanova de Arousa.
  • A creación dunha primeira mascota de todas as edicións da Volta Ciclista a España: “Mexi-llón” deseñada polo un humorista gráfico, Pepe Carreiro (autor de Os bolechas).
  • A edición do conto “Mexi-llón, un ciclista das rías baixas”. O libro contén seccións como un mapa co percorrido da volta 2013 e recomendacións para os ciclistas (poñer casco, ir en compañía, ou indicar os movementos). O protagonista é un mexillón con Denominación de Orixe Galega que vive nunha batea e que quere ser ciclista. O libro editou 5.000 exemplares en galego e 10.000 en castelán, e repartiranse  por toda España.
  • A creación dun xogo semellante ó xogo da Oca con saída e chegada nas Rías Baixas e que levará ós xogadores polo itinerario da volta.
  • Stands das Rías Baixas e do mexillón e unha xunto a mascota da volta Ciclista, Mexi-llón, en todas as saídas e metas das distintas etapas da volta.
  • Presenza de dous vehículos rotulados co “Destino Rías Baixas” e coa imaxe do mexillón que percorrerá as etapas para facer promoción directa regalando folletos e produtos de merchandising, etc.
  • Instalación do denominado “Parque meta” con 10.000 metros cadrados de exhibición e acceso gratuíto en horario de 17:00 a 21:00 horas para achegarse ó público familiar.  A Deputación instalará un stand inchable onde nenos e maiores poderán xogar ó xogo do mexillón a tamaño real.
  • Toda esta actividade promocional compleméntase coa campaña “Espíritu Rías Baixas” na que priman as novas tecnoloxías, as redes sociais, os vídeos e as imaxes… para activar o interese e o desexo de calquera espectador a través da transmisión de sensacións, texturas ou imaxes.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: