DOMINGO GASTRONÓMICO EN SALCEDA

descarga  A Casa da Cultura Castelao, en Salceda de Caselas, ven de acoller a presentación do domingo gastronómico que se vai celebrar este domingo día 12 en Salceda. Tres parroquias do municipio acollerán outras tantas festas gastronómicas, formando así unha mañá de domingo gastronómica con productos para tódolos gustos.

  VII Festa do polbo en San Xurxo

Organizada pola Comisión de Festas Santa Bárbara 2013. O seu presidente, Juan Manuel Lemos anunciou que se venderán tapas a 10 € e racións a 17 €. Ademáis contarán con productos complementarios como empanada, tortilla ou callos. A festa celebrarase a partires das 11:00 no torreiro de festas de San Xurxo.

            II Festa do bacallau á brasa en Budiño

Organizada polo Centro Cultural O Coto. Na rolda de prensa estivo a súa vicepresidenta Violeta Trigo, que confirmou que a ración de bacallau con cachelos, pan e viño venderase a un prezo de 7 €. A festa celébrase no Centro Cultural O Coto de Budiño, e complementa a súa programación coa celebración dun mercadiño no que se poderán atopar artigos tanto novos como de segunda man, e no que se abrirá tamén a posibilidade de facer trocos en vez de compra-venta.

    I Festa da angula en Soutelo

Organizada pola Comisión de Festas de San Liborio 2013. Luis Lamas, un dos componentes de dita comisión estivo tamén presente no acto. Neste caso a ración de angula venderase a 28 €, existindo tamén a posibilidade de mercar os vales anticipados por 25 €. Completan tamén a oferta gastronómica con callos, xamón asado e empanada. A parroquia de Soutelo conta con viveiros de meixón, e a comisión quixo agradecer a súa colaboración coa festa.

Loli Castiñeira, Concelleira de Turismo aproveitou para convidar a salcedenses e foráneos a disfrutar deste domingo gastronómico en Salceda. “É a ocasión perfecta para pasar o día en Salceda e disfrutar do entorno, as sendas, os espazos naturais…”

Teresa Pérez, Concelleira de Festas, salientou unha vez máis o dinamismo da sociedade salcedense. “Temos o orgullo de ter un tecido asociativo imparable, con moitas ganas de facer actividades. Salceda é coñecida xa pola grande cantidade de festas e actos culturais que se celebran prácticamente tódolos fins de semana, e este domingo gastronómico é a mellor mostra disto”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: