CEI da Xunta de Galicia

ECONOMÍA E INDUSTRIA APOIA AOS CONCELLOS NA MELLORA COMPETITIVA DO COMERCIO LOCAL CON 4,5 MILLÓNS DE EUROS

 

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, presentou en rolda de prensa a convocatoria, que incrementa o seu orzamento anual en preto dun 10%

   A través deste programa, que hoxe se publica no DOG, impúlsase a renovación e a mellora das rúas e zonas comerciais e a potenciación dos mercados

As axudas de maior importe, de ata 120.000 euros, destínanse ás prazas de abastos para promover a súa excelencia e posicionalas como líderes na venda de produto fresco e perecedoiro

Prímanse os proxectos de xestión compartida incrementando nun 15% a porcentaxe subvencionable para as solicitudes presentadas por varios municipios.

ECONOMÍA E INDUSTRIA PROMOVE A PARTICIPACIÓN DE ARTESÁNS GALEGOS NA FEIRA INTERNACIONAL L’ARTIGIANO IN FIERA DE MILÁN

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño organizou un encontro no que se deu a coñecer aos profesionais as posibilidades deste evento que se celebrará en novembro

Na xornada presentouse o proxecto Made Hand Buy, unha plataforma on line no que os participantes poderán vender os seus produtos durante todo o ano

A marca Artesanía de Galicia contará cun stand propio no que haberá espazo para 12 obradoiros artesáns

CONDE AVOGA POLA COOPERACIÓN PARA QUE O NAVAL GALEGO RECUPERE O LIDERADO A NIVEL INTERNACIONAL

 O conselleiro de Economía e Industria mantivo hoxe un encontro con representantes da Asociación Clúster do Naval Galego (ACLUNAGA)

Destaca a necesidade de traballar desde a unidade de acción en tres eixos fundamentais: o financiamento, a imaxe comercial internacional e a innovación

Salienta a necesidade de fixar unha axenda común para a identificación de oportunidades de negocio en países como México, Brasil e Colombia, e para crear un caderno de venta cara ao exterior  Resalta a importancia de apostar de maneira decidida pola innovación para que o sector recupere o protagonismo e incremente a súa competitividade

Subliña o avance da alianza con Pemex, que ten permitido a contratación de dous floteis e a entrada da petroleira nun estaleiro galego.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: