CONCLUSIÓNS E VALORACIÓNS DA CIG AO RESPECTO DAS XUNTANZAS MANTIDAS CO ADMINISTRADOR CONCURSAL DE PESCANOVA S.A.

O martes día 7 de maio o administrador concursal mantivo reunións cos representantes sindicais dos centros de traballo de Frigodis, Pescanova Alimentación, Frivipesca Chapela e Frinova.

Os representantes sindicais da CIG nos comités de empresa de Frivipesca Chapela e Frinova S.A. (os dous centros de elaboración) asistiron a esas xuntanzas, acompañados/as dos asesores/as do sindicato, entre eles o secretario nacional da FGAMT-CIG, Xosé Fernández Piñeiro.

Nesas xuntanzas, o administrador explicou as súas funcións, que neste caso se engaden ás de xestión tras a retirada dos poderes do presidente e da equipa directiva anterior.

Ademais, trasladou a súa preocupación por unha serie de filtracións aos medios de comunicación que en moitos casos non se corresponden coa realidade, o que resulta negativo para a imaxe da empresa. Neste senso, a CIG manifestou o seu acordo coa valoración do administrador, xa que a central nacionalista está convencida que esas informacións proceden dalgunha/as persoas da Administración central que perseguen outros intereses, por suposto alleos á defensa do emprego.

O administrador concursal tamén abordou a difícil situación na que se atopa o grupo, pero entende que a recuperación é posíbel e mostrou a súa vontade de sumar esforzos par lograr este obxectivo. En particular valorou a boa posición de mercado de Fripesca Chapela.

Por outra banda, mañá xoves 9 de maio, a CIG presentarase no Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra como parte interesada do concurso de acredores de Pescanova.

Polo contrario, a CIG ten que denunciar a actitude sindical das maiorías dos comités de empresa de Frivipesca Chapela e Frinova, que trataron de impedir a asistencia dos asesores da central nacionalista a estas xuntanzas. Esta situación só pode cualificarse de impresentábel, xa que a normativa laboral regula e permite esta presenza sindical, razón pola cal puidemos finalmente asistir. Indicar que esta práctica sindical non é allea á negativa destas maiorías sindicais (USO, UGT, CCOO), de impedir asembleas informativas para tratar a situación actual do grupo. Por suposto que os outros sindicatos non asistiron porque os seus teóricos representantes tamén rexeitan a súa presenza, sendo a CIG a única interesada no proceso.

Noutro orden de cousas, manifestar que a CIG está en total desacordo e rexeita os traslados de traballadores/as dende Pescanova a Frivipesca Chapela (17 técnicos/as e administrativos/as), tres a Frinova (incluído o fillo do presidente como director xeral), ademais de trasladar tamén a Baixamar Séptima (centro de elaboración en Coruña) de 14 Técnicos e Administrativos procedentes de:

Dous de Pescanova Alimentación.

Un de Nova Honduras

Catro de Nicaragua

Sete de Acuinova de Nicaragua.

Por suposto que estes traslados, non obedecen a necesidades organizativas nin produtivas, senón que responden fundamentalmente a “pago de favores polos servizos prestados”. A CIG ten demandado esta información a través da Inspección de Traballo porque entende que a incorporación destas persoas sitúa en peores condicións de viabilidade estes centros de elaboración.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: