Novacaixagalicia Actividades

A Fundación Novacaixagalicia presenta a Maribel Verdú e Antonio Molero en Vigo e Pontevedra

O teatro do Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia acollerá mañá, venres 10, e ao día seguinte, sábado 11 de maio, os dous pases da obra de teatro protagonizada por Maribel Verdú e Antonio Molero titulada El tipo de al lado. A continuación, o domingo día 13 trasladaranse a Pontevedra, ao centro social da entidade galega, onde se representará a última das funcións programadas desta peza pola Fundación Novacaixagalicia. Nas tres ocasións, a hora de comezo dos pases é ás 20:30 h. Las entradas están á venda a través de www.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500.

A Fundación Novacaixagalicia homenaxea a Vidal Bolaño con moi diversas propostas

A Fundación Novacaixagalicia desenvolverá, como xa vén sendo habitual, un completo programa cultural, educativo e participativo co gallo da celebración do Día das Letras Galegas na honra de Roberto Vidal Bolaño, o gran renovador do teatro galego contemporáneo. As redes sociais, os escenarios dos centros culturais e sociais da entidade e os obradoiros de escolares desenvolverán proxectos vinculados con esta efeméride.

FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA TRAE A VIGO E A PONTEVEDRA UN ESPECTÁCULO DE PEPE VIYUELA

A Fundación Novacaixagalicia ofrecerá o vindeiro venres 17 e sábado 18 de maio o espectáculo de humor La encerrona de Pepe Viyuela en Vigo e Pontevedra respectivamente. A representación de Vigo será no teatro do Centro Cultural da entidade ás 21.00 h, e en Pontevedra, no Centro Social da fundación galega ás 20.30 h.

OPERACIÓN KILO NA ESCOLA DE NEGOCIOS DA FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA

Nestes momentos tan complicados para moitas familias e persoas en Galicia, que non teñen posibilidades de adquirir bens de primeira necesidade, a Escola de Negocios da Fundación Novacaixagalicia pon en funcionamento unha operación quilo para a recollida de alimentos. Esta iniciativa terá lugar entre os días 13 e 24 de maio nas súas sedes de Vigo (avenida de Madrid, 60) e da Coruña (ronda de Nelle, 31).

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: