A SEDE DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS ACOLLE UNHA XORNADA DEDICADA AOS CETACEOS E AS TARTARUGAS MARIÑAS QUE HABITAN A COSTA GALEGA
Esta actividade divulgativa celebrarase no edificio Cambón, no Casco Vello de Vigo, o vindeiro luns 15 de maio
- O obxectivo é ensinar coñecementos sobre estas especies para poder asistilos en caso de varamentos ou para establecer condutas responsables que potencien a súa recuperación
- As costas de Galicia non son unicamente un hábitat para os cetáceos e as tartarugas, senón que tamén é unha área de paso cara outras zonas
- As persoas interesadas en inscribirse poden facelo ata o venres, 10 de maio, ás 13:00 horas
O Edifico Cambón, sede en Vigo do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, celebra o próximo día 15 de maio unha xornada de iniciación ao estudo dos cetáceos e as tartarugas mariñas que habitan a costa galega.
Esta actividade divulgativa estará conducida por técnicos especialistas e biólogos que explicarán como as peculiares características da costa galega, que se atopa influenciada polo sistema de correntes oceánicas, provoca unha alta biodiversidade biolóxica que se traslada a través de toda a rede trófica.
De feito, na actualidade, na parte máis alta da mesma téñense avistado un número significativo de especies, concretamente 20 de cetáceos, é dicir, baleas e golfiños, lobos mariños e tartarugas mariñas.
O obxectivo desta actividade é ensinar coñecementos sobre estas especies de cetáceos e tartarugas que viven nas nosas costas ou están de paso para outras áreas, así como trasaldar coñecementos sobre como actuar en caso de participar nunha asistencia por un varamento e baixo condutas responsables que potencien a recuperación dos mesmos.
Ata o momento, están inscritos un total de 65 participantes, pero os interesados en participar poden formalizar a súa inscrición ata mañá, venres 10 de maio, ata as 13:00 horas.
Programa da xornada
A primeira conferencia desta actividade divulgativa leva por título Mamíferos e tartarugas mariñas: identificación e bioloxía, estará impartida polo biólogo da Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños (Cemma), Alfredo López, que cederá o paso ao biólogo Pablo Covelo, que presentará un relatorio sobre a rede de paramentos de Galicia en monitorización e asistencia. Josep María Alonso, veterinario da Cemma, pechará esta primeira parte da xornada cun charla sobre a Recuperación de mamíferos e tartarugas mariñas: protocolos de actuación.
Pola tarde, Juan José Dios, oceanógrafo do Cemma, tratara a rede de observación costeira e fotoidentificación de cetáceos e, seguidamente, abordarase o contido das Campañas Thunnus: os cetáceos da costeira do bonito, por parte de José Martínez Cedeira, biólogo da Cemma. A xornada pecharase co visionado dun documental sobre o papel da Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños (Cemma) no proxecto LIFE+Indemares.
O BNG DE TUI REXEITA OS ACTOS DE HOMENAXE A CALVO SOTELO.
O BNG de Tui non participará nos actos de homenaxe a José Calvo Sotelo, organizados polo Concello de Tui este sábado 11 de Maio. Para alén do respeito que nos merece que cada familia lembre aos seus devanceiros ou que se realicen estudos de investigación sobre a vida e obra de calquer personaxe con responsabilidades públicas, o BNG rexeita que o governo municipal realice una ofrenda floral diante do monumento a un personaxe pro-golpista e fascista –como el mesmo se recoñecia- en canto esquece a homenaxe debida a tantos e tantas tudenses que, nos piores momentos da sublevación e posterior represión franquista, deron a sua vida en defensa da liberdade e da legalidade republicana.
Lamentamos que o governo municipal tudense prefira una vez mais por-se en primeira fila ao lado dos poderosos que defenden una idea da sociedade ligada a reximes dictatoriais en vez de situar-se ao lado do povo traballador galego. O mesmo povo que non dubidou en defender a liberdade, a dignidade e o progreso frente á barbarie fascista, e que ainda non recibiu por parte das institucións municipais o mais mínimo xesto público de consideración , lembranza ou homenaxe. Nese sentido, lembramos que o BNG de Tui propuxo sen éxito, por exemplo, que o Concello recoñecese institucionalmente a figura de D. Guillermo Vicente Santiago, último alcalde democrático tudense antes da dictadura fascista, que perseguido polos mesmos que louvaban a Calvo Sotelo, gravemente doente e oculto pola sua nai, morreria o 1 de maio de 1940 e seria soterrado clandestinamente na mesma adega onde estaba oculto. Daquela, nen a unha sepultura digna tiña dereito. Hoxe, para D. Guillerme non hai homenaxes nen ofrendas florais.
A homenaxe do BNG de Tui será sempre para, D. Alejo Diz Jurado, D. Dario Álvarez Limeses, D. Serafín Fernández Costas e o seu fillo, D. Julio Fernández Fernández, D. Antón Alonso Ríos, D. Gumersindo Rodríguez, Dª Evangelina Jaso, D. Juan e D. Manuel Gómez Besada e tantos outros que foron perseguidos, asesinados, ou executados vilmente polos mesmos que encumbraban a Calvo Sotelo como “pró-martir del Alzamiento”. Para nós sempre serán exemplo de dignidade, loita e compromiso.
CONDE SALIENTA O LABOR DE GRADIANT NO IMPULSO DUNHA INNOVACIÓN QUE TEN PERMITIDO O CRECEMENTO EMPRESARIAL GALEGO
O Conselleiro de Economía e Industria subliña a vocación empregadora de Gradiant no seu quinto aniversario, e sinala que en 2012 máis da metade dos seus ingresos procederon de traballos de I+D+i para empresas
Defende poñer a investigación galega ao servizo do crecemento e a xeración de postos de traballo
Anuncia a próxima convocatoria de 4,5 millóns en axudas, fundamentalmente para que os Centros Tecnolóxicos e de Coñecemento reteñan o talento galego e atraian aos mellores investigadores.
A DEPUTACIÓN DESTINA 2,2 MILLÓNS DE EUROS AO FINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS BÁSICOS NOS 53 CONCELLOS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES
A Deputación de Pontevedra destinará este ano un total de 2.196.530 de euros ao financiamento de servizos sociais básicos nos 53 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Os concellos que decidan acollerse a estas achegas deberán asinar un convenio de colaboración que o Goberno provincial aprobou esta mañá na súa Xunta semanal.
Segundo se recolle neste acordo, a achega que a Deputación destinará aos servizos básicos municipais permitirá cubrir o 80% do financiamento do Servizo de Atención no Fogar, da retribución do persoal dos centros de servizos sociais comunitarios e do persoal técnico dos equipos municipais con perfís complementarios aos do traballador social, como auxiliares administrativos, psicólogos ou educadores.
Pola súa banda, os concellos que se sumen asumirán o 20% restante do custe dos servizos. Deste xeito dase cobertura a unha necesidade prioritaria que teñen os concellos, como é a atención social.
En total poderán beneficiarse destas achegas os 53 concellos de menos de 20.000 habitantes que ten a provincia, co que se lle dá cobertura a unha poboación total de case 400.000 habitantes e se financian os postos de traballo dunhas 400 persoas que traballan na provincia nos servizos sociais básicos.
Concello do Porriño
En la tela, colgada ya de la fachada del centro cultural municipal, se representa una caricatura de Roberto Vidal Bolaño, autor homenajeado este año
El alcalde Nelson Santos, la concejala de Cultura Teresa Veloso, y el diputado provincial Pablo Baquero, estuvieron con este grupo de jóvenes para felicitarlos y agradecerles su predisposición y colaboración en este tipo de actividades a pro del patrimonio cultural
El alcalde Nelson Santos y el concejal M. Alejandro Lorenzo visitaron los trabajos que realiza el alumnado del Obradoiro Porremprego I en San Campio en donde se está instalando un sistema de drenaje, riego y aspersores, acondicionando y adecentando toda esta zona recreativa
Además de la puesta en marcha de diferentes obras y servicios de interés general y social en el municipio, el proyecto supone la contratación y formación de 34 personas desempleadas