A SEDE DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS ACOLLE UNHA XORNADA DEDICADA AOS CETACEOS E AS TARTARUGAS MARIÑAS QUE HABITAN A COSTA GALEGA

ciesislas  Esta actividade divulgativa celebrarase no edificio Cambón, no Casco Vello de Vigo, o vindeiro luns 15 de maio

  • O obxectivo é ensinar coñecementos sobre estas especies para poder asistilos en caso de varamentos ou para establecer condutas responsables que potencien a súa recuperación
  • As costas de Galicia non son unicamente un hábitat para os cetáceos e as tartarugas, senón que tamén é unha área de paso cara outras zonas
  • As persoas interesadas en inscribirse poden facelo ata o venres, 10 de maio, ás 13:00 horas

O Edifico Cambón, sede en Vigo do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, celebra o próximo día 15 de maio unha xornada de iniciación ao estudo dos cetáceos e as tartarugas mariñas que habitan a costa galega.

Esta actividade divulgativa estará conducida por técnicos especialistas e biólogos que explicarán como as peculiares características da costa galega, que se atopa influenciada polo sistema de correntes oceánicas, provoca unha alta biodiversidade biolóxica que se traslada a través de toda a rede trófica.

De feito, na actualidade, na parte máis alta da mesma téñense avistado un número significativo de especies, concretamente 20 de cetáceos, é dicir, baleas e golfiños, lobos mariños e tartarugas mariñas.

O obxectivo desta actividade é ensinar coñecementos sobre estas especies de cetáceos e tartarugas que viven nas nosas costas ou están de paso para outras áreas, así como trasaldar coñecementos sobre como actuar en caso de participar nunha asistencia por un varamento e baixo condutas responsables que potencien a recuperación dos mesmos.

Ata o momento, están inscritos un total de 65 participantes, pero os interesados en participar poden formalizar a súa inscrición ata mañá, venres 10 de maio, ata as 13:00 horas.

Programa da xornada

A primeira conferencia desta actividade divulgativa leva por título Mamíferos e tartarugas mariñas: identificación e bioloxía, estará impartida polo biólogo da Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños (Cemma), Alfredo López, que cederá o paso ao biólogo Pablo Covelo, que presentará un relatorio sobre a rede de paramentos de Galicia en monitorización e asistencia. Josep María Alonso, veterinario da Cemma, pechará esta primeira parte da xornada cun charla sobre a Recuperación de mamíferos e tartarugas mariñas: protocolos de actuación.

Pola tarde, Juan José Dios, oceanógrafo do Cemma, tratara a rede de observación costeira e fotoidentificación de cetáceos e, seguidamente, abordarase o contido das Campañas Thunnus: os cetáceos da costeira do bonito, por parte de José Martínez Cedeira, biólogo da Cemma. A xornada pecharase co visionado dun documental sobre o papel da Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños (Cemma) no proxecto LIFE+Indemares.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: