O BNG DE TUI REXEITA OS ACTOS DE HOMENAXE A CALVO SOTELO.

O BNG de Tui non participará nos actos de homenaxe a José Calvo Sotelo, organizados polo Concello de Tui este sábado 11 de Maio. Para alén do respeito que nos merece que cada familia lembre aos seus devanceiros ou que se realicen estudos de investigación sobre a vida e obra de calquer personaxe con responsabilidades públicas, o BNG rexeita que o governo municipal realice una ofrenda floral diante do monumento a un personaxe pro-golpista e fascista –como el mesmo se recoñecia- en canto esquece a homenaxe debida a tantos e tantas tudenses que, nos piores momentos da sublevación e posterior represión franquista, deron a sua vida en defensa da liberdade e da legalidade republicana.

Lamentamos que o governo municipal tudense prefira una vez mais por-se en primeira fila ao lado dos poderosos que defenden una idea da sociedade ligada a reximes dictatoriais en vez de situar-se ao lado do povo traballador galego. O mesmo povo que non dubidou en defender a liberdade, a dignidade e o progreso frente á barbarie fascista, e que ainda non recibiu por parte das institucións municipais o mais mínimo xesto público de consideración , lembranza ou homenaxe. Nese sentido, lembramos que o BNG de Tui propuxo sen éxito, por exemplo, que o Concello recoñecese institucionalmente a figura de D. Guillermo Vicente Santiago, último alcalde democrático tudense antes da dictadura fascista, que perseguido polos mesmos que louvaban a Calvo Sotelo, gravemente doente e oculto pola sua nai, morreria o 1 de maio de 1940 e seria soterrado clandestinamente na mesma adega onde estaba oculto. Daquela, nen a unha sepultura digna tiña dereito. Hoxe, para D. Guillerme non hai homenaxes nen ofrendas florais.

A homenaxe do BNG de Tui será sempre para, D. Alejo Diz Jurado, D. Dario Álvarez Limeses, D. Serafín Fernández Costas e o seu fillo, D. Julio Fernández Fernández, D. Antón Alonso Ríos, D. Gumersindo Rodríguez, Dª Evangelina Jaso, D. Juan e D. Manuel Gómez Besada e tantos outros que foron perseguidos, asesinados, ou executados vilmente polos mesmos que encumbraban a Calvo Sotelo como “pró-martir del Alzamiento”. Para nós sempre serán exemplo de dignidade, loita e compromiso.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: