Cristina Pato, Premio Trasalba 2013

Cristinapato (2)    A Fundación Otero Pedrayo agasalla nesta nova edición a unha das gaiteiras galegas con proxección máis internacional.  

Cristina Pato (Ourense, 1980) vén de ser distinguida coa XXXI edición do Premio Trasalba que todos os anos, no derradeiro domingo de xuño, a Fundación Otero Pedrayo entrega na Casa Grande de Cimadevila (Amoeiro), casa patrucia do patriarca histórico das Letras Galegas.

Logo de valorar distintas cantidaturas, a xunta de goberno da Fundación, despois de informar a escoitar os membros do Padroado, anuncia a concesión salientando os valores da intérpete galega e considerando, moi especialmente, a súa proxección internacional, a súa condición de representante dunha nova xeración de artistas comprometidos coa difusión da nosa cultura polo mundo e a calidade obxectiva da súa actividade artística e profesional.

“Valoramos nesta ocasión a necesidade de incorporar novos rostros, novas linguaxes, novas maneiras de facer, na liña da universalización da nosa cultura, dentro e fóra de nós, no espírito de “universalidade” que caracterizou aos homes da xeración Nós e, mais concretamente, a mantalidade aberta de Otero Pedrayo”, explican os promotores do premio.

“Cristina Pato leva a cultura e a música galega polo mundo. Instalada entre os Estados Unidos e Galicia, mesmo  cunha importante actividade docente na cidade de Nova York, colabora con algún dos grandes músicos da súa especialidade (The Chieftains, Chicago Symphony Orchestra, Yo-Yo Ma, Silk Road Ensemble, etc), o que a convirte de feito nunha das nosas primeiras embaixadoras culturais. Cunha produción artística xa importante, representa ademais a incorporación das mulleres novas á nosa creatividade e estamos seguro de que o seu nome enriquecerá a nómica de premiados dende 1983”.

Como é tradición, a Festa Literaria de Trasalba celebrarase na Casa Grande de Cimadevila o próximo 30 de xuño, domingo. Da laudatio da homanaxeada encargarase unha persoa que representa tamén esas novas xeracións, o arquiveiro e ensaista Pablo Sánchez Ferro. A Fundación editará, como tamén é habitual, un libro de lembranzas do acontecemento, no que a homenaxeada incorporará nun CD algunhas composicións propias, igual que no seu día fixo o grupo Milladoiro (Premio Trasalba, 2006).

Unha artista de proxección internacional

Cristina Pato é gaiteira e pianista. Con 18 grabou o seu primeiro album (“Tolemia”, 1999), primeira gaiteira galega que grabada un disco en solitario. En 2001 grabou “Xilento” e en 2010, “The Galicia Connection”, que tivo unha gran proxección internacional. Doctora en Artes Musicais pola Mason Gross School of The Arts da Rutgers University dos Estados Unidos,  a mesma universidade concedeulle a Edna Mason Scholarship e o premio Irene Alm Memorial pola súa excelencia como investigadora e intérprete. Estudou piano en Barcelona e especializouse en composición musical cun master na universidade Pompeu Fabra (música dixital e electroacústica).

Como artista invitada participou en proxectos e grabacións como “Mutenrohi+Cristina Pato: Misturados” (2007),  “Songs of Joy and Peace” (gañador dun Premio Grammy en 2010, con Yo-Yo Ma) ou “Off the Map” con Silk Road Ensemble en 2009.

Deu concertos en case que todos os continentes: España, Portugal, India, Reino Unido, Italia, Francia, Alemania, México, Estados Unidos (no Lincoln Center, no Carnegie Hall e no Metropolitan de Nova York), e acompañou ou foi acompañada, entre outros artistas, por figuras da significación do citado violonchelista Yo-Yo Ma ou a orquestra Sinfónica de Chicago. Forma parte del Silk Road Project, institución afiliada á Universidade de Harvard,  orientada cara a investigación e encontros artísticos de carácter multicultural.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: