MEDIO RURAL E MAR ANUNCIA A CONVOCATORIA DAS CATAS DE VIÑOS, AUGARDENTES E LICORES PARA O VINDEIRO MES DE XUÑO

§ viño   O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio da Consellería co fin de dar publicidade a estes certames

Santiago, 14 de maio de 2013.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural e do Mar da convocatoria dos concursos correspondentes á XXV Cata dos viños de Galicia, á XV Cata das augardentes de Galicia e á II Cata dos licores de herbas e de café de Galicia e das augardentes de Galicia envellecidas, e se dá publicidade ás súas respectivas bases.

Estes certames terán lugar no vindeiro mes de xuño, sendo o prazo de presentación das solicitudes de participación de sete días a contar dende mañá, día seguinte ao da publicación desta resolución.

De acordo coas citadas bases, as solicitudes relativas aos viños con denominación de orixe e ás augardentes e licores presentaranse na sede do consello regulador correspondente. Para o caso dos Viños da Terra enviaranse á Subdirección Xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, sita en Santiago de Compostela (Avda. do Camiño Francés, 10).

As persoas interesadas en participar poderán atopar as bases, xunto cos correspondentes boletíns de inscrición, na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar, no seguinte enderezo electrónico:

http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/alimentacion/cata_de_vinos_e_de_augardentes/

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: