Miguel Flores Trío e Iria Peña levan o flamenco a Noia o 24 de maio

descarga (7)  O próximo venres día 24 de maio Miguel Flores Trío continúa a súa andadura musical en Noia. O impulso do flamenco en Galicia chega da man dos músicos Miguel Flores, Pablo Pérez e Carlos Freire coa colaboración especial da cantaora Iria Peña nas inmediacións do Teatro Noela ás 22 horas.

Nesta ocasión o guitarrista gaditano Miguel Flores ofrécenos unha selección das súas mellores composicións, nas que plasma a súa visión persoal da guitarra flamenca contemporánea. A cita, organizada pola concellaría de Cultura do concello de Noia ás 22 horas, terá lugar na Rúa do Curro, nas inmediacións do Teatro Noela “como medida de protesta ante a pasividade da Xunta” a rematar as obras das ditas instalacións.

Para este proxecto, Miguel Flores conta coa colaboración de Pablo Pérez ao contrabaixo e Carlos Freire á percusión, que contribúen coa súa experiencia e versatilidade á creación “dun son tan ecléctico como profundo”, tal e como afirma o guitarrista gaditano afincado en Galicia. Neste sentido, poderemos gozar dun coidado repertorio a cargo dos tres músicos e que contará coa colaboración da voz de Iria Peña.

Miguel Flores Trío

Miguel Flores Trío leva dous anos dando forma a un repertorio orixinal que inclúe soleares, tarantas, tanguillos e bulerías, ao que se suman temas de Carles Benavent ou Renaud García-Fons ademais das súas propias composicións, tal e como explica o líder do grupo, Miguel Flores.

O proxecto que está dando a coñecer o Trío leva por título ‘Belyounech’, o nome dunha idílica aldea marroquí, apunta o guitarrista do grupo. Segundo el, os temas de ‘Belyounech’ “transpórtanos ás paisaxes do norte de África”, onde o líder da banda residiu durante a súa infancia e descubriu a súa paixón pola música.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: