BRAVO BOSCH INAUGURA A XORNADA DEDICADA AOS CETÁCEOS E TARTARUGAS MARIÑAS AO QUE ASISTEN UNHAS 70 PERSOAS NO EDIFICIO CAMBÓN

§ descarga   A delegada territorial da Xunta en Vigo animou aos asistentes a recoller todos os coñecementos sobre estas especies para poder asistilos en caso de varamentos ou para establecer condutas responsables que potencien a súa recuperación.

§  Na actualidade, nas costas de Galicia téñense avistado 20 especies de cetáceos (baleas e golfiños), 5 especies de pinnipedos (lobos mariños) e 5 especies de quelonios (tartarugas mariñas).

Vigo, 15 de maio de 2013.- Durante o día de hoxe, o edifico Cambón, sede do Centro de Interpretación e de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, celebra a xornada de Iniciación ao estudo dos cetáceos no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e nas costas galegas.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, foi a encargada de inaugurar esta actividade divulgativa que, durante a mañá e a tarde, estará conducida por técnicos especialistas e biólogos que explicarán como as peculiares características da costa galega, que se atopa influenciada polo sistema de correntes oceánicas, provoca unha alta biodiversidade biolóxica que se traslada a través de toda a rede trófica.

Neste senso, abundou no feito de que as costas de Galicia, ademais dun hábitat para os cetáceos e as tartarugas, son unha área de paso cara outras zonas. É máis, na actualidade, na parte máis alta da mesma téñense avistado un número significativo de especies, concretamente 20 de cetáceos, é dicir, baleas e golfiños, 5 especies de pinnipedos (lobos mariños) e 5 especies de quelonios (tartarugas mariñas).

De feito, a delegada da Xunta fixo especial fincapé no espectacular “mirador de cetáceos” no que se converten así os arquipélagos que conforman as Illas Atlánticas xa que máis de vinte baleatos e delfínidos navegan, ocasional ou de forma permanente, polas augas das Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada destacando así que cada vez son menos as persoas de Vigo e a súa área que se sorprenden da presenza de golfiños e baleas nas nosas rías.

Con todo, o obxectivo desta actividade é ensinar coñecementos sobre estas especies de cetáceos e tartarugas que viven nas nosas costas ou están de paso para outras áreas, así como trasladar coñecementos sobre como actuar en caso de participar nunha asistencia por un varamento e baixo condutas responsables que potencien a recuperación dos mesmos.

Bravo Bosch destacou así o éxito de participación da xornada xa que se cubriron a totalidade das prazas ofertadas antes, incluso, da finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Por último, a representante da Administración autonómica na cidade destacou o traballo que CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) leva a cabo sobre o control dos varamentos, seguimento e monitorización poboacional de cetáceos a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Programa da xornada

Tras a inauguración, a primeira conferencia desta actividade divulgativa leva por título Mamíferos e tartarugas mariñas: identificación e bioloxía, e está impartida polo biólogo da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), Alfredo López, que cederá o paso ao biólogo Pablo Covelo, que presentará un relatorio sobre a rede de paramentos de Galicia en monitorización e asistencia. Josep María Alonso, veterinario da CEMMA, pechará esta primeira parte da xornada cunha charla sobre a Recuperación de mamíferos e tartarugas mariñas: protocolos de actuación.

Pola tarde, Juan José Dios, oceanógrafo do CEMMA, tratará a rede de observación costeira e fotoidentificación de cetáceos e, seguidamente, abordarase o contido das Campañas Thunnus: os cetáceos da costeira do bonito, por parte de José Martínez Cedeira, biólogo da Cemma. A xornada pecharase co visionado dun documental sobre o papel da Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños no proxecto LIFE+Indemares.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: