FESTIVAL PORTAMÉRICA: TRES DÍAS DE MÚSICA E GASTRONOMÍA PORÁN RITMO E SABOR NO CONCELLO DE NIGRÁN
Vetusta Morla ofrecerá o único concerto en España neste evento de proxección internacional
FESTIVAL PORTAMÉRICA: TRES DÍAS DE MÚSICA E GASTRONOMÍA PORÁN RITMO E SABOR NO CONCELLO DE NIGRÁN
- Emprendemento, innovación e ocio e posibilidade de cinco días de acampada no Porto do Molle aseguran o éxito do evento
A Deputación de Pontevedra xunto Esmerarte presentaron esta mañá as novidades da segunda edición do Festival Portamérica, un encontro de música, gastronomía e ideas que terá lugar en Porto do Molle, Nigrán, os días 18,19 e 20 de xullo.
No acto estivo presente a deputada provincial, Begoña Estévez que destacou que non só se trata dun festival de música senón dun “foro de encontro de emprendedores, referencia de toda España” que pretende aproveitar o poder dinamizador da cultura, co fin de atopar novas fórmulas de progreso económico e social. Xunto a ela, o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde Pérez; o responsable de Esmerarte, Joaquín Martínez; e os chefs Yayo Daporta e Pepe Solla.
Durante as tres xornadas, se poderá disfrutar dun amplo abano de artistas que xa confirmaron asistencia:
- Xoves 18: Sethler, Niño y Pistola, Amaro Ferreiro, Niños Mutantes, Amaro Ferreiro, Los Coronas, Editors, The gift, Dj Lagartija
- Venres 19: Fon Román , Sala & Strange Sounds,La habitación roja, Standstill, Él mató a un Policía Motorizado, Delafé y las Flores azules, Lori Meyers, Bomba Estéreo
- Sábado 20: Banda de turistas, Francisca Valenzuela, Arizona Baby, Gin Ga; Café Tacvba, Supersubmarina, Vetusta Morla, Delorean
O Grupo Nove en Portamérica
Ademais deste cartel de luxo, o evento conta coa presenza de Pepe Solla (Casa Solla), Beatriz Sotelo (A Estación), Javier olleros (Culler de Pau), Alberto González (Silabario), Xosé Cannas (Pepe Vieira) e Yayo Daporta (Yayo Daporta); 6 chefs estrelas Michelín que acercarán a imaxinación e os sabores da alta cociña ó público do festival. O evento convértese en palabras de Yayo “nun portal co que chegar a un público mozo que non é o perfil habitual dos restaurantes, interactuando con eles e compartindo unha cociña con moitas posibilidades”.
Por outra banda, Joaquín Martínez, responsable de Esmerarte, puxo de manifesto o gran valor de comunicación de música e gastronomía, “elementos que identifican o territorio e ademais promocionan ideas e proxectos de emprendedores”. Destaca a ferramenta virtual “comunidade” dentro da páxina web portamerica.es, unha plataforma que ten por obxectivo dar visibilidade a proxectos emprendedores de calquera sector e favorecer a súa execución.
Un ano máis se facilita unha zona de acampada no festival durante 5 días no Porto do Molle, a carón de Praia América; un espazo de convivencia mellorado e adaptado para facer a estancia o máis cómoda posible. Nigrán convértese así en epicentro a nivel nacional e internacional, marca de identidade do concello a través de este proxecto vanguardista.
Iniciativas como esta poñen de manifesto o compromiso da Deputación de Pontevedra en proxectos musicais, como o Festival do Norte o vindeiro fin de semana en Vilagarcía de Arousa, ademais de potenciar a gastronomía e turismo, puntos fortes da comunidade