MEDIO RURAL E MAR REMITE AO SECTOR A RESOLUCIÓN POLA QUE SE APROBA O PLAN DE XESTIÓN DA CENTOLA PARA A CAMPAÑA 2013-2014

centolla[1]   Santiago, 15 de maio de 2013.-A Consellería do Medio Rural e do Mar remitiu ao sector a resolución pola que se aproba o Plan de Xestión da centola (Maja brachydactila) para a campaña 2013-2014.

A resolución establece que nas provincias da Coruña e Pontevedra quedará prohibida a  extracción da centola do 15 de xuño ao 17 de novembro –ambos inclusive-. Na provincia de Lugo, o crustáceo non se poderá capturar dende o  29 de xuño ata o 1 de decembro –ambos inclusive-.

Así, as cotas máximas de capturas quedan establecidas en 35 quilos por embarcación máis 35 quilos por cada tripulante enrolado a bordo. Este plan rexerá ata o inicio da veda do ano que vén, que será consensuada co sector, atendendo aos informes técnicos biolóxicos correspondentes.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: