XUNTANZA DOS SOCIALISTAS DE SALCEDA CO NOVO CONSELLO LOCAL DO BNG

Este luns os socialistas de Salceda, mantiveron unha reunión co novo consello local do BNG.

Ante os acontecementos feitos públicos este fin de semana por parte do grupo dos “non adscritos”; os socialistas manifestan seguir tendo diálogo coas formacións políticas que sigan as liñas de traballo e compromiso coa mellora do benestar dos veciños e veciñas de Salceda.

Os socialistas de Salceda son conscientes de que esta especie de movementos antisistema están en auge, pero non entenden que persoas que están totalmente integradas no sistema agora fagan un grupo desta índole. Rodrigo Martínez, secretario xeral do PSdeG-PSOE de Salceda “non sabemos se este grupo é unha organización política, unha plataforma ou como se define… é necesario saber como se van a manter ata final de lexislatura e o que é máis importante se podemos desenvolver con eles o proxecto que ata o de agora compartíamos co BNG”

De momento, a espera de que se celebre a reunión que teñen programada cos “non adscritos”, os representantes dos socialistas manteñen a intención de renegociar o pacto existente con este novo grupo ata final da lexislatura actual, por responsabilidade e compromiso electoral cos veciños e veciñas de Salceda, pero inciden en que non será un sí sin condicións, estará encima da mesa o tema do persoal e por suposto a confirmación de poder seguir cumprindo cos proxectos que os socialistas presentaron en campaña.

Marina Cabaleiro, actual tenente alcalde e secretaria de organización “temos un proxecto para os salcedenses e queremos seguir levando a cabo, políticas tan importantes como poden ser as que estamos a desenvolver na área de emprego e formación, benestar social ou fomento do deporte para todos/as”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: