CEI – Xunta de Galicia

descarga (2)  A XUNTA INVITA AOS CENTROS COMERCIAIS ABERTOS E PRAZAS DE ABASTOS A PARTICIPAR NO NOVO PROGRAMA DE AXUDAS DE 2,2 MILLÓNS

 A directora xeral de Comercio traslada aos presidentes e xerentes dos CCA a oportunidade que supón a iniciativa para o desenvolvemento do sector e a creación de emprego

Destaca que máis de 5.000 pequenos comercios galegos se beneficiarán da liña de axudas da Consellería de Economía e Industria

O programa incrementa o seu orzamento nun 10% con respecto á convocatoria do ano pasado.

A XUNTA DESTACA NA ENTREGA DOS PREMIOS ‘CONSUMÓPOLIS’ O PAPEL DO ENSINO NO FOMENTO DO CONSUMO RESPONSABLE

A presidenta do Instituto Galego de Consumo, Sol Vázquez, e o director xeral de Educación, Manuel Corredoira, entregaron hoxe os premios deste concurso escolar, coordinada polo IGC

Máis de 1.200 estudantes galegos participaron no certame, que na súa oitava edición leva por lema “Adéstrate ben para un consumo responsable”.

O CEIP Lourido de Poio, o IES Francisco Daviña Rey de Monforte e o IES Manuel García Barros da Estrada foron os primeiros clasificados nas tres categorías establecidas

Os gañadores en cada unha das categorías representarán a Galicia na fase nacional do certame, organizada polo Instituto Nacional de Consumo

A iniciativa forma parte do proxecto educativo da Escola Galega de Consumo, que proporcionou formación de forma directa a máis de 12.000 persoas.

CONDE RECLAMA A ISOLUX QUE MANTEÑA ABERTA T-SOLAR E RECORDA QUE SE ESTÁ A AVALIAR PORMENORIZADAMENTE O CUMPRIMENTO DAS CONDICIÓNS ESTABLECIDAS NAS AXUDAS CONCEDIDAS

Insta aos xestores de T-Solar a aclarar as decisións empresariais que levaron a comprometer a viabilidade da planta

Manifesta o compromiso decidido do goberno galego cos 170 traballadores, garantindo que “non escatimaremos esforzos para atopar solucións”.

CONDE LEMBRA QUE “A XUNTA FOI A PRIMEIRA QUE DESTACOU A NECESIDADE DO DIQUE, QUE PROPUXO O POOL INVESTIDOR E QUE COMPROMETEU 5M€ PARA O SEU FINANZAMENTO”

O Conselleiro de Economía e Industria avanza que a consulta formal á Comisión Europea sobre o dique incluirá a defensa do levantamento do veto a Navantia

Reclama a Navantia que dea resposta “ás súas responsabilidades” e aporte carga de traballo ao estaleiro

Subliña o apoio do goberno galego ao naval ferrolán con compromisos de investimentos, a procura do novo tax-lease e a consecución do contrato para construir un flotel para Pemex.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: