Concello de Vigo

–>

 

<!–
//–>O alcalde insta á Mesa de Industria a reunirse para evitar a retroactividade do tax lease

O alcalde de Vigo insta á Mesa de Industria a reunirse en Madrid para acordar as razóns que avalan a non retroactividade do tax lease. Con este mesmo obxectivo, Caballero manterá o luns un encontro con deputados galegos e sindicatos.


<!–
//–>O Concello aporta 656.039 para financiar o comedor, as actividades extraescolares e as aulas matinais dos centros públicos

O goberno local incrementou en 183.000 euros a subvención que reciben as Foanpas para sufragar gastos de comedor, actividades extraescolares e aulas matinais. En total, o importe da achega é de 656.039,31 euros.


<!–
//–>Caballero visitou a nova sala de formación da Policía Local, na que o Concello investiu 46.000 euros

O alcalde de Vigo fixo este xoves unha visita ás dependencias da Policía Local para coñecer a nova aula de formación dos axentes e outras melloras realizadas, por exemplo nos vestiarios. A nova sala triplica as prazas dispoñibles e permitirá a realización este ano de 27 cursos de formación, especialización e actualización.


<!–
//–>O Concello duplicou a axuda a AFAN desde o ano pasado cunha aportación de 55.000 euros

O alcalde de Vigo resaltou hoxe xoves que o Concello de Vigo aporta máis recursos a AFAN que Xunta, Deputación e Parlamento de Galicia xuntas. Así o apuntou durante unha rolda de prensa na que tamén sinalou que a subvención municipal pasou de 22.000 euros no 2012, a 55.000 euros este ano, o que supón un incremento dun 120%.

<!–
//–>O alcalde avanza que, se o deciden as peñas, o Concello porá buses para apoiar ao Celta en Valladolid

«Se así o deciden, o Concello está disposto a cooperar con autobuses na ida a Valladolid». Así o asegurou este xoves Abel Caballero ante os medios, despois de ter ofrecido en días atrás ás peñas do RC Celta este desprazamento. «Seguimos dispostos a apoiar as peñas», apuntou o alcalde.


<!–
//–>Concello, UNICEF, A Golpe de Pedal e Club Ciclista Vigués organizan a II Marcha Ciclista «Pedaleando pola Infancia»

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este xoves na rolda de presentación deste evento, que se celebrará o 19 de maio ás 11 horas, con saída e chegada na Praza do Rei. Os participantes donarán un euro por cada dorsal e todos os fondos irán destinados as actividades de UNICEF en favor dos dereitos da infancia.


<!–
//–>Caballero quere «encher» o pavillón de As Travesas coa XVI edición da Festa do Patín

O pavillón municipal de As Travesas acollerá mañá venres a XVI Festa do Patín, con case 2.000 participantes e 104 grupos de patinadores. Caballero felicitou aos organizadores «porque o seu traballo é exepcional, unha mostra de Vigo e de súa afección ao deporte».


<!–
//–>O Concello edita 14.000 exemplares de «Cantares Gallegos» de Rosalía para repartir entre o alumnado de Secundaria

Abel Caballero indicou este xoves que o goberno local ven de editar unha tirada de 7.000 exemplares para o seu reparto entre o alumnado de Secundaria dos centros públicos da cidade e fará o mesmo cos estudantes dos concertados. O alcalde visitou hoxe o IES Castelao, que celebran o Día das Letras Galegas e o 150 aniversario da publicación en Vigo da obra de Rosalía de Castro.


<!–
//–>Manifesto do Consello Municipal da Muller contra a reforma da lei do aborto

O Consello Municipal da Muller, na sesión extraordinaria celebrada o mércores 15 de maio, aprobou o seguinte manifesto contra a reforma da lei do aborto.


<!–
//–>Celebración do Día Internacional do Museo 2013

Con motivo do Día Internacional do Museo a Concellería de Cultura e Festas amplía o horario de apertura dos seus tres centros museísticos (Verbum-Casa das Palabras, Museo «Quiñones de León» de Castrelos e Pinacoteca «Francisco Fernández del Riego») o sábado 18 e o domingo 19 de maio, de 12:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 20:00 h; ademais, contarán cun programa de visitas guiadas ás 12:00 h, 13:00 h, 17:00 h, 18:00 h e 19:00 h, cunha duración aproximada de 40 minutos. En total, serán dous grupos por cada hora, para un máximo de 30 persoas cada un deles, por orde de chegada.



Interiores do CAT

<!–
//–>2ª convocatoria para presentación de traballos artesáns dirixidos ao CAT «O ESCAPARATE»

A Fundación Liste – Museo Etnográfico de Vigo, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, no seu desexo de contribuír ao desenvolvemento da artesanía e co obxectivo de apoiar e promocionar o traballo do colectivo artesán, brinda un espazo no C.A.T. (Centro de Artesanía Tradicional) para expor os traballos seleccionados a través desta convocatoria. Este proxecto, bautizado co nome de «O Escaparate», ofrece un espazo expositivo nas instalacións do C.A.T. (Subida ao Castelo, 10), de xeito que o traballo deste colectivo chegue a un maior número de público.

<!–
//–>Xunta de Goberno Local


<!–
//–>Peche provisional da Biblioteca Pública Central de Vigo

A Biblioteca Pública Central de Vigo (r/ Joaquín Yáñez, 6) permanecerá pechada, por motivos de seguridade, entre os días 20 e 26 de maio, ambos inclusive, debido aos necesarios labores de tratamento de control preventivo-curativo contra xilofagos, levados a cabo polo servizo de Control de Pragas do Concello de Vigo e en coordinación coa dirección da citada biblioteca dependente da Xunta de Galicia. O luns 27, a biblioteca xa funcionará con normalidade.

Noticias anteriores:

Caballero adianta que a humanización de Camelias inclúe sistemas eficientes de iluminación e rego
O Concello impulsa unha investigación para mellorar o protocolo de actuación ante unha Reanimación Cardio Pulmonar
O Auditorio Municipal acolle o sábado un concerto solidario para levar pupitres a Mozambique
Caballero anima aos escolares a usar o galego na saída da edición de 2013 do Correlingua
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

<!–

RSS feed Previsións:

© Gabinete de Prensa do Concello de Vigo 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: