Economía e Industria – Xunta de Galicia
ECONOMÍA E INDUSTRIA PRESENTA AOS EMBAIXADORES DA UE AS VANTAXES DE GALICIA PARA ACOLLER INVESTIMENTOS EMPRESARIAIS
O director xeral do Igape, Javier Aguilera salienta que o Goberno galego estimula a captación de investimentos que reforcen o tecido industrial de Galicia con innovación e tecnoloxía
A Xunta está a apostar polos investimentos en sectores con vantaxes competitivas baseadas en recursos naturais endóxenos como a madeira, a pedra natural ou o mar
Aguilera resalta ademais o potencial e capacidade de sectores estratéxicos como o naval, a automoción e o téxtil.
CONDE TRASLADA AO GOBERNO A NECESIDADE DUNHA TARIFA ESTABLE E RENDIBLE PARA A ENERXÍA EÓLICA QUE IMPULSE O DESENVOLVEMENTO DO SECTOR
O Conselleiro de Economía e Industria defende “atallar o déficit de tarifa, que converteuse nun problema macroeconómico e de Estado, ao supoñer preto do 3% do PIB”, tras participar na Conferencia Sectorial de Enerxía na que se anunciou a reforma do sistema eléctrico.
A XUNTA CONSENSÚA CON MÁIS DE 200 AXENTES OS OBXECTIVOS ESTRATÉXICOS DA INNOVACIÓN GALEGA ATA 2020
Francisco Conde presenta os primeiros retos sobre os que se redactará a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), clave para captar 1.200 millóns de euros de fondos europeos
Do traballo levado a cabo sairá un documento este verán que establecerá as áreas prioritarias de inversión en Galicia
O Conselleiro de Economía e Industria subliña que os fondos europeos suporán unha oportunidade para converter a Galicia nun polo de atracción de investigadores, que coloquen o tecido produtivo galego á vangarda da tecnoloxía.
Reblogueó esto en ESPACIO CONCHA M / ESCRITORA / CRITICA / PERIODISMO ..