FEIJÓO AGRADECE AO GOBERNO DE ESPAÑA QUE MANTEÑA A PRIORIDADE DO TAX LEASE NA AXENDA COMUNITARIA E URXE Á UE UNHA DECISIÓN FAVORABLE PARA QUE O SECTOR NAVAL GALEGO TEÑA CERTEZAS CANTO ANTES

§   O titular da Xunta e o responsable de Exteriores constatan os avances producidos na  integración das plataformas empresariais de Galicia no exterior nas embaixadas e nas oficinas comerciais de España

Santiago, 20 de maio de 2013.- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, agradeceu hoxe ao Goberno de España que manteña a prioridade do tax lease  na axenda comunitaria e instou ás autoridades da Unión Europea a que adopten con urxencia unha decisión favorable con respecto a este asunto porque o sector naval galego precisa certezas canto antes.

Este foi un dos asuntos que o titular autonómico lle transmitiu ao ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel García Margallo, durante a reunión que mantiveron con carácter previo á recepción dos embaixadores da Unión Europea en España. De xeito concreto, insistiu na necesidade de redobrar esforzos nas negociacións con Bruxelas para que o novo modelo de tax lease autorizado pola Comisión Europea o pasado mes de novembro entre en vigor no menor prazo posible, así como para que non se aplique a retroactividade e que os estaleiros non teñan que devolver as cantidades recibidas con anterioridade.

Neste sentido, Núñez Feijóo recoñeceu a implicación de distintos membros do Goberno central para desbloquear este asunto, incluída a do propio presidente do Executivo estatal, Mariano Rajoy, e solicitou que lle dean continuidade nas próximas semanas para que se alcance unha solución con celeridade. Non en van, subliñou que se trata dun tema de vital importancia para o futuro dos estaleiros galegos e confiou en que se resolva de xeito satisfactorio porque existen sólidos argumentos técnicos e xurídicos que respaldan a proposta española.

A maiores, o presidente galego e o ministro de Asuntos Exteriores tamén constataron os avances producidos na integración das plataformas empresariais no exterior de Galicia tanto nas embaixadas como nas oficinas comerciais de España no exterior. Así, dende que a Xunta asinou o pasado ano 2012 a colaboración cos ministerios de Asuntos Exteriores y Cooperación e de Economía y Competitividad, xa se fixo efectivo o traslado das plataformas de Shangai, Moscú e Berlín.

Na súa opinión, esta colaboración entre o Goberno central e a Xunta é moi positiva para unir esforzos de cara a estratexia de internacionalización da economía. De feito, o traballo conxunto de ambas as dúas administracións xa ten dado froitos recentemente, como a alianza estratéxica lograda coa petroleira PEMEX.

About Vgomagazine

Revista Online.

One response to “FEIJÓO AGRADECE AO GOBERNO DE ESPAÑA QUE MANTEÑA A PRIORIDADE DO TAX LEASE NA AXENDA COMUNITARIA E URXE Á UE UNHA DECISIÓN FAVORABLE PARA QUE O SECTOR NAVAL GALEGO TEÑA CERTEZAS CANTO ANTES”

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: