Aspectos Xurídicos Internacionais. Procura de seguridade nas operacións no estranxeiro

«A Procura de seguridade nas operacións no estranxeiro: Aspectos Xurídicos Internacionais», e o obxectivo do seminario que se desenvolverá na sede da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), en Santiago de Compostela, o próximo 31 de Maio de 2013, a partir das 9:00 horas, organizado pola Rede de Plataformas Empresariais no Exterior de Galicia (Rede PEXGA) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), en colaboración con IURISGAL (International Network of Law Firms).
Desde un punto de vista totalmente práctico, o Seminario pretende abordar as principais cuestións xurídicas relativas a operacións no estranxeiro, xa sexan de investimento, compravenda ou de tipo comercial. Entre os relatores do Seminario atópanse avogados de recoñecido prestixio da rede de IURISGAL, con presenza en mercados como Brasil,Chile, Estados Unidos, México, Panamá, Bélxica, Hungría, Italia, Polonia, Portugal, Reino Unido ou Suíza.
Tras o Seminario, o mesmo venres día 31 de maio, pola tarde, existe a posibilidade de que aqueles empresarios que estean interesados manteñan entrevistas individuais cos relatores para exporlles cuestións concretas, sen custo algún. É importante resaltar que todos os avogados falan español.
A inscrición a este seminario estará aberta ata completar aforo. Se desexa asistir, pode consultar o programa e inscribirse directamente a través da páxina www.ceg.es. Así mesmo, se desexa manter unha entrevista individual cun ou varios dos xuristas relatores, unha vez inscrito no Seminario deberá enviar un correo electrónico ainfo@pexga.es indicando o nome dos relatores do seu interese. O venres 24 de maio informaráselle do horario das entrevistas, que se realizará por estrita orde de recepción de solicitudes.
A Rede PEXGA foi desenvolvida ao amparo do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) para o fomento da internacionalización do tecido produtivo galego mediante a creación e mantemento dunha rede de plataformas empresariais no exterior, co obxectivo de reforzar a internacionalización da economía galega apoiando en destino as accións de internacionalización das empresas galegas e captando novos investimentos para a comunidade.

 

www.igape.es

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: