comunicado de prensa sobre o túnel de Beiramar.- Ayuntamiento de Vigo
Vigo, 21 de maio de 2013.- O tramo do túnel de Beiramar, que vai da Paellera cara ao
Porto, permanece pechado tras detectarse un abombamento nunha parede exterior. Os
vehículos poden circular entre Teis e Bouzas, pero na zona da Paellera teñen que subir á
superficie e volver coller o subterráneo a continuación.
Tras detectar este abombamento o alcalde de Vigo deu instrucións de pechar o tramo por
seguridade ata que se coñeza o alcance da situación. Ata o de agora non se coñecen as
causas que os técnicos municipais achacan, nun principio, a un fallo de construción. Deste
xeito, desde o Concello xa se puxeron en contacto con responsables da empresa construtora
e mañá realizarán unha revisión conxunta da zona.
Praza do Rei, 2. 36202 Vigo. Tlf.: 986 81 01 06 Fax: 986 81 02 17