O fonsagradino Xoán Curiel presenta “Magnético Zen” en Lugo

descarga (10) v O cantor fonsagradino Xoán Curiel presentará o seu segundo traballo discográfico “Magnético Zen” o próximo día 24 de maio no Auditorio Gustavo Freire dentro do ciclo Maio Escénico. Artista novo mais cunha amplísima traxectoria ás costas, recala desta volta na capital luguesa para pór música aos nosos tempos

Será ás 20:30 horas e con entradas a 5 euros para público xeral, 3 para desempregados e dependentes e 2 para público familiar, cando o Auditorio Gustavo Freire, de Lugo, acolla esta revista da actualidade musicada por Xoán Curiel. A dita actuación enmárcase dentro do ciclo Maio Escénico da Concellaría de Cultura do Concello de Lugo. Pop en galego con influencias de world music, este é un disco cheo de imaxes que nos fala, de xeito cinematográfico, do noso mundo actual de crise e saturación informativa.

Xoán Curiel elaborou un discurso propio e crítico a través dunha lectura artística da actualidade con temáticas como o abuso de poder, a agresión ecolóxica, a manipulación da información, a crise económica mundial e a posibilidade do ser humano de coller de novo o seu poder persoal e transformar a súa realidade desde unha perspectiva fresca e optimista.

Este disco ten xirado xa por algunhas localidades galegas, do resto do Estado e tamén a nivel internacional cunha grande aceptación e enorme interese non só polos temas nel contidos, senón polo xeito de chegar a eles, as súas orixes e o seu lugar no proxecto artístico de Xoán Curiel.

 

Proxecto artístico integral

 

Voz e guitarra son os elementos dos que, con grande e demostrada mestría, se vale o artista da Fonsagrada para compór a súa proposta musical. Grazas á súa visión particular da música, Xoán é un dos valores actuais en alza do panorama galego. En xaneiro do 2012 cantou xunto a Carlos do Carmo ou Mayra Andrade entre outros artistas, en Cantos na Maré. En Outubro dese ano participa no Festival Estou Lá como artista e director artístico compartindo escenario con figuras coma Eneida Marta ou João Afonso, entre outros moitos. No 2012 e 2013 actúa no proxecto CoraSons, un espectáculo e a gravación dun disco en común con artistas galegos e portugueses como Uxía, Antonio Zambujo ou Budiño.

 

Na súa traxectoria artística destaca ademais a súa versatilidade, participando como actor, músico, director, cantante ou bailarín en diversos proxectos vencellados á música, o teatro, o teatro infantil e a danza.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: