O grupo de goberno de Salceda xa donou as súas pagas extras

descarga (1)  O grupo de goberno do Concello de Salceda de Caselas (non adscritos e PSdeG) afirman que o Partido Popular minte unha vez máis ao afirmar que non se donaron as pagas extras de Nadal. O Alcalde e os seis concelleiros/as do goberno teñen aberta unha conta bancaria na que se depositou o importe das pagas nun fondo común. Con ese fondo estase contribuíndo con diversas causas sociais, entre elas o propio “Programa de alimentos”.

“Non precisamos facer política con este tema. Facemos o que temos que facer, que foi ao que nos comprometemos, sen necesidade de airealo na prensa”, afirma o Alcalde, Marcos Besada. “Hai diversos colectivos que se teñen achegado a nós en busca de axuda, e estase colaborando con aquelas causas que consideramos máis urxentes e que, por outra banda, están a coincidir cos colectivos que máis están a sufrir as inxustizas do PP”

A Tenente de Alcalde, Marina Cabaleiro, afirmou que “nos parece moi triste que o PP veña vendendo favores con temas tan delicados como o programa de alimentos. Despois de ver como o anuncian a bombo e platillo non nos queda máis que pensar que o fan polo voto fácil, e non por axudar aos que realmente o precisan”.

O grupo de goberno comprometeuse a donar a paga extra de Nadal en solidariedade cos empregados públicos, e así o fixeron. Por outra banda, lembran dende o grupo de goberno que foi o Partido Popular o que decididu deixar aos empregados públicos sen a súa paga de Nadal, por iso “non entendemos que agora o mesmo PP veña facendo política con un tema tan triste”.

“Santiago Rodríguez, e o Partido Popular de Salceda, o que teñen que facer é definir dunha vez se están a apoiar as medidas que están a levar a cabo dende o seu partido, e posicionarse dun xeito claro en vez de estar xogando a dúas bandas. Se non están de acordo coas decisións do seu partido que o deixen, como outros fixemos antes. Mentres pertenzan ao Partido Popular demostran que están de acordo co roubo das preferentes e as subordinadas, co recurte de nómina aos empregados públicos e con todas as medidas de recurte que se están a levar a cabo”, sentenciou o grupo de goberno.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: