O pleno da xunta de persoal docente da provincia de Pontevedra esixe a retirada da LOMCE.

 

A comunidade educativa galega manifestou o día 9 de maio o seu rexeitamento frontal á LOMCE. Familias, alumnado e profesorado participaron nunha formidábel e histórica mobilización como nunca antes se producira no ensino. Esiximos que o ministro Wert e o presidente Rajoy retiren este proxecto de lei e damos os nosos parabéns a todas as persoas que decidiron defender a igualdade e a xustiza e o carácter público e integrador do sistema educativo.

  • A LOMCE é unha lei antidemocrática.
  • A LOMCE é unha lei ao servizo dos intereses económicos e ideolóxicos  da patronal do ensino privado e a conferencia episcopal.
  • A LOMCE introduce criterios mercantilistas no funcionamento do sistema escolar.
  • A LOMCE intenta desprestixiar o servizo público educativo.
  • A LOMCE é unha lei españolizadora e que despreza a lingua galega.
  • A LOMCE segrega e exclúe o alumnado máis desfavorecido.
  • A LOMCE é unha lei sexista que entrega unha parte do sistema educativo a grupos sectarios que promoven unha ideoloxía contraria aos dereitos das mulleres.
  • A LOMCE desvaloriza a FP  e déixaa ao servizo exclusivo das necesidades empresariais.
  • A LOMCE elimina a participación d@s docentes e do resto da comunidade educativa no goberno dos centros.
  • A LOMCE atenta contra a igualdade de oportunidades e contra a cohesión social convertendo o ensino nunha mercadoría.
  • A LOMCE pon en cuestión a profesionalidade do profesorado e converte o ensino nunha carreira de obstáculos que aumentará o fracaso escolar.

RETIRADA DA LOMCE XA!

O presidente,

Asdo. Xabier Pérez Davila

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: