PUNTO DE ENCONTRO COA PLATAFORMA EMPRESARIAL DE MARROCOS

PUNTO DE ENCONTRO COA PLATAFORMA EMPRESARIAL DE MARROCOS

Lugar: Edificio IGAPE, Complexo Administrativo de San Lázaro, Santiago de Compostela.
Os días 27, 30 e 31 de maio o director da Plataforma da Rede Pexga en Marrocos estará en Santiago de Compostela á disposición dos empresarios galegos que desexen manter entrevistas individualizadas para ampliar información sobre as posibilidades deste mercado ou ampliar a súa presenza nel. O director ofrecerá información directa e recibirá solicitudes de encargos concretos referidos a este mercado.
Como novidade desta acción de puntos de encontro, as empresas que actualmente teñan proxectos de internacionalización en marcha neste mercado poderán expoñelos para recabar unha opinión preliminar por parte do director. Por elo é recomendable que acudan á reunión co seu proxecto, xunto co diagnóstico de potencial de internacionalización, se contasen con él.
As plataformas empresariais foron postas en marcha grazas ao acordo de cooperación entre  Consellería de Economía e Industria, a través do IGAPE, e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), coa finalidade de apoiar a internacionalización das empresas Galegas en destino.
Este punto de encontro está cofinanciado pola Comisión Europea a través do Programa de Competitividade e Innovación (CIP) e incluído nas actividades do proxecto Galactea Plus da rede Enterprise Europe Network, cuxa finalidade é promover acordos de cooperación e facilitar o acceso das pemes ao mercado internacional.
Nota:
No caso das empresas interesadas que  non dispoñan dun diagnóstico de potencial de internacionalización -feito a través de programas de Igape ou ICEX-, poden solicitalo ó Igape que o fará de xeito gratuíto. Solicitar diagnóstico.
Prazas limitadas
Máis información: 902 300 903

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: