Compromiso por Galicia esixe valorar o rescate e reclamar danos e perxuizos ás empresas concesionarias do novo hospital de Vigo

 Compromiso por Galicia de Vigo-Val Miñor, en vista da paralización das obras do novo hospital de Vigo pola falla de financiamento da Sociedade Concesionaria Novo Hospital de Vigo S.A e a suspensión de pagamentos dunha das empresas da mesma, solicita que a Xunta de Galicia poña sobre a mesa un plano de viabilidade do rescate da construcción e xestión pública do novo Hospital.

Henrique Macías, responsable local de Vigo de Compromiso por Galicia, declarou “que o deficit sanitario da comarca de Vigo non pode agardar máis anos por unha infraestructura tan necesaria, é que cos problemas da concesionaria será imposible ter rematada a obra antes do 2014 como prometera Feijóo” asímesmo indicou que “a utilización da xestión privada para a súa construcción xa levou no seu momento a minorar o número de camas e servizos previstos, polo que este tipo de licitación no sector sanitario está a demostrar a súa ineficacia para un servizo básico como é a sanidade pública”.

 “Están a aproveitarse da Administración Pública. Feijóo ten que frear isto e revertir a propiedade a mans públicas” sostén o seu responsábel local.

Ante a crise aberta entre as empresas adxudicatarias, e coa fin de rematar con un rosario de, segundo sosteñen os galeguistas “actuacións pouco claras e intereses nada inocentes”, CxG esixe a inmediata anulación do contrato do novo hospital. “Cremos que chegados a este punto, a Xunta debería rachar o contrato e esixir a indemnización correspondente” afirma Henrique Macías, responsábel local da formación. “Están a aproveitarse da Administración Pública, aínda non é tarde para que Feijóo emende o gravísimo erro que cometeu no seu momento”.

Ante a posibilidade de que a UTE concesionaria solicite unha ampliación dos prazos de construcción, posibilidade que se está barallando, CxG cre que é un clavo máis no ataúde da sanidade pública. “A Xunta debe plantarse, denunciar o contrato e retirar a concesión. Pode e debe facelo.” Sosteñen que a posición da súa asemblea é a que comparte “a maioría” da poboación galega.

Sosteñen que a ampliación dos prazos non debe nin sequera contemplarse. “Agardemos que Feijóo non continúe con este capricho seu. Qué máis necesita para ter clara a ineficiencia do seu sistema?”

CxG entende que a situación actual é froito dunha mala xestión, e que esta é unha boa oportunidade para arranxar o erro cometido. Cren que esta situación debería facer ver a tódolos que apoian o “novo” modelo sanitario privado que “é ineficiente, ineficaz, caro e lento. A privatización da sanidade non funciona.”

Compromiso por Galicia entende que, a pesar do momento de crise como o actual, A Xunta de Galicia debe facer un esforzo orzamentario sobre a posibilidade de recuperar o final da construcción e a xestión pública do novo Hospital de Vigo, polo que solicita que se faga inmediatamente un estudo e valoración de tal posibilidade para garantir unha asistencia sanitaria digna na comarca de Vigo, a de maior déficit de camas e listas de espera na sanidade pública galega.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: